Valentín García participa en Ourense na mesa redonda Empresa e galeguidade. Unha tradición con futuro

Ourense, 8 de outubro de 2026.- O secretario xeral da Lingua, Valentín García, participou hoxe á mañá na mesa redonda Empresa e galeguidade. Unha tradición con futuro, unha encontro organizado pola Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo do Campus de Ourense da Universidade de Vigo baixo a coordinación do profesor e decano da devandita facultade Jesús Vázquez, co obxectivo de promover a reflexión arredor da actividade empresarial, a identidade e a lingua galega. Nel participaron tamén Xosé González, presidente do Foro Enrique Peinador; Ricardo Gurriarán, historiador e biógrafo de Enrique Peinador Lires, e a profesora Ana Gueimonde.

Imaxes relacionadas