Santiago de Compostela, 16 de outubro de 2026.- O secretario xeral da Lingua, Valentín García, participou esta semana nas dúas primeiras xornadas dos encontros Os medios galegos do futuro comezan nas aulas, organizado pola Asociación de Medios en Galego (AMEGA) co apoio da Xunta de Galicia, que se desenvolveron o mércores 14 na Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade da Coruña (baixo o título “150 anos do Tío Marcos da Portela”) e o xoves 15 na Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela (baixo o título “Begoña Caamaño e as mulleres nos medios en galego”). As xornadas concluirán o luns 19 na Facultade de Comunicación da Universidade de Vigo, cun encontro arredor dos “Medios en galego ante os novos retos da comunicación”.