O delegado territorial da Xunta en Lugo e o secretario xeral da Lingua asisten á presentación dos premios Dalle Like
VolverLugo, 23 de febreiro de 2026
O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, e o secretario xeral da Lingua, Valentín García, participaron esta tarde na capital lucense na presentación da primeira edición dos Premios Dalle Like, unha iniciativa que conta coa colaboración da Xunta e que busca recoñecer o talento galego no ámbito dixital e das redes sociais.
A gala de entrega destes galardóns celebrarase o 16 de maio no Círculo das Artes e reunirá a creadores de contido, proxectos dixitais e marcas galegas que destacan pola súa creatividade, impacto e capacidade de conectar coas novas audiencias.
Os representantes autonómicos destacaron a capacidade destes creadores de levar a cultura e a lingua galega ás redes sociais, “visibilizando o enorme talento que hai na nosa comunidade e contribuíndo a que a identidade de Galicia teña presenza e repercusión no mundo dixital”. Destacaron ademais o potencial de iniciativas coma esta para impulsar o uso do galego nos neofalantes.