López Campos presentará mañá a proposta para actualizar o Plan de normalización da lingua galega tras recibir o documento por parte do coordinador
Santiago de Compostela, 14 de xullo de 2026
O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, recibiu hoxe a proposta de actualización do Plan xeral de normalización da lingua galega de mans do seu coordinador, o académico Manuel González, que durante os últimos meses estivo á fronte das 11 comisións sectoriais que traballaron na súa elaboración.
Este documento, que será presentado publicamente nun acto que se celebrará mañá na Cidade da Cultura, recolle o traballo levado a cabo polos máis de 130 profesionais de recoñecido prestixio que participaron nas comisións, así como as máis de 1400 achegas recibidas por parte de entidades, institucións, asociacións e particulares a través dos máis de 400 contactos ou da caixa virtual que se puxo a disposición da cidadanía.
Departamento: C. de Cultura, Lingua e Xuventude
Tema: Lingua