Valentín García clausura en Faro o Coloquio Internacional ‘Paisagem, Representaçâo, Perceçâo e Identidade’

O encontro está organizado polos Centros de Estudos Galegos das universidades do Algarve, do Minho e de Lisboa, dependentes da Rede de Centros de Estudos Galegos da Xunta de Galicia

Faro (Pontugal), 11 de setembro de 2026

O secretario xeral da Lingua, Valentín García, clausurou hoxe na Universidade do Algarve o Coloquio Internacional Paisagem, Representâo, Percecâo e Identidade, celebrado estes días baixo a organización dos Centros de Estudos Galegos das universidades do Algarve, do Minho e de Lisboa, dependentes da Rede de Centros de Estudos Galegos da Xunta de Galicia.

O responsable da Lingua lembrou na súa intervención que “a aplicación da Lei Paz-Andrade favorece o aproveitamento de espazos de interese mutuo entre Galicia e a lusofonía nos que precisamente a representación, a percepción e a identidade galegas en Portugal e das portuguesas en Galicia adquiriron novas dimensións lingüísticas, culturais e económicas”. “A paisaxe ás dúas beiras do Miño non é só un territorio físico, unha eurorrexión, senón unha construción cultural compartida na que galego e portugués atopan territorios próximos e respectuosos desde o punto de vista identitario e de conexión cun pasado común que aínda hoxe se partilla no código xenético das linguas”, destacou García Goméz. Nesa mesma liña, o representante da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude incidiu “na intención da Xunta de Galicia de seguir tecendo lazos coa lusofonía e coa comunidade lingüística de máis de 270 millóns de falantes de portugués no mundo, tal e como se reflicte nas medidas medidas para actualiar o Plan xeral de normalización da lingua galega”.

Valentín García estivo acompañado dos organizadores do encontro, María Jesús Botana Vilar, responsable do Centro de Estudos Galegos da Universidsde do Algarve, e Carlos Pazos Justo, responsable deste centro na Universidade do Minho, así como da coordinadora do Centro de Investigación de Artes e Investigación da Universidade do Algarve, Mirian Tavares, entre outras autoridades.

Departamento: C. de Cultura, Lingua e Xuventude

Tema: Lingua