A Xunta celebra co Foro Peinador o Día da Galeguidade Empresarial

Volver

Lugo, 11 de decembro de 2019.- O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou esta mañá, na Facultade de Administración e Dirección de Empresas da Universidade de Santiago de Compostela (USC), na celebración do Día da Galeguidade Empresarial que promove o Foro Enrique Peinador, dedicado este ano a Antonio Fernandez López e ao 95 aniversario do I Congreso de Economía de Galicia.

Valentín García sinalou que “esta conmemoración non está orientada cara ao pasado, senón cara ao futuro, porque o que pretendemos é poñer a traxectoria de Antonio Fernández López e algunhas das ideas que abrollaron no I Congreso de Economía de Galicia como modelo para o noso empresariado actual”. Neste sentido, o secretario xeral de Política Lingüística da Xunta recordou que “a clave do éxito de Antonio Fernández López residiu en que soubo unir o seu compromiso con Galicia cos negocios” e, así, “empresas que el capitaneou, como Zeltia ou Cementos do Noroeste, foron pioneiras no uso do galego en publicidade e na incorporación do que hoxe se coñece como responsabilidade social corporativa”.

Departamento: Tema: Lingua