Na cerna do son

Unha homenaxe á emigración galega

Comeza: 08/11/2026 | 19:00

Teatro Nicomedes Pastor Díaz | Viveiro | Lugo

Espectáculo multiARTErial que mestura danza, canto, narración e poesía en directo para renderlle unha homenaxe á emigración galega do pasado século a partir dun percorrido polas melodías e estampas que unen Europa e América.

A proposta conta coa narración de Luís Iglesia, coa voz de Paty Lesta, a danza de Ricardo Fernández, o piano de Cristian Leggiero e o caixón de Moisés Fernández. A dirección artística corre a cargo de Iván Villar.

Espectáculo Secretaría Xeral da Lingua