Os Bolechas. Aquí hai moito ruído!

Espectáculo para a cativada

Comeza: 08/11/2026 | 18:00

Centro Cultural O Salón | Abegondo | A Coruña

Fieis á súa cita de outono, Os Bolechas chegan un ano máis a FalaRedes para facer as delicias dos rapaces e rapazas de 21 concellos galegos.

Desta volta, Os Bolechas están a piques de descubrir o fascinante mundo da música cando un misterioso personaxe, farto do ruído, decide facer desaparecer todos os sons. Un a un, os instrumentos, as voces e as cancións van quedando en silencio. Os Bolechas terán que descubrir onde foron parar e emprender unha divertida aventura para recuperalos e conseguir que a música volva soar.

Espectáculo Público infantil Secretaría Xeral da Lingua