X Xornadas Martín Sarmiento
9 de marzo, Día do Galego no Bierzo
Vilafranca do Bierzo (León)
A Secretaría Xeral de Política Lingüística colabora coa Comisión Cultural Martín Sarmiento e coa Junta de Castilla y León na organización das X Xornadas Martín Sarmiento, que se celebrarán en Vilafranca do Bierzo o venres 9 de marzo no marco do Programa de promoción da lingua galega no Bierzo e en Sanabria e mais do encontro anual dos 19 centros de ensino do galego nesta área galegofalante que suma un total de 1001 alumnos e alumnas no ano escolar en curso.
Programa de actos
Sesión de mañá
Teatro Villafranquino
9:30 h, Intercambio de alumnado de educación secundaria dos IES de Vilafranca, Cacabelos e Ponferrada con visita á mostra “Antonio Fernández Morales e o galego do Bierzo”.
11:30 h, Actividade de dinamización lingüística Radio Bule-Bule, a cargo de Paco Nogueiras (en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística).
Salón de plenos do Concello de Vilafranca do Bierzo
12:00 h, Rolda de prensa de presentación do I Premio Antonio Fernández Morales para a Promoción da Lingua Galega no Bierzo
.
Teatro Villafranquino
12:30 h, Encontro co alumnado de educación primaria dos CEIP de León e Zamora
Salón de plenos do Concello de Vilafranca do Bierzo
13:00 h, Reunión de traballo
Sesión de tarde
Teatro Villafranquino
16:30 h, Mesa de debate: As arelas de Sarmiento