Volver

Suspensión dos curso de lingua e cultura galegas Galego sen fronteiras

Á vista da evolución da COVID-19 nos diferentes países de Europa e de América dos que procede a maioría do alumnado destes cursos, a Real Academia Galega (RAG) suspende a XXXIII Edición dos cursos de verán de lingua e cultura galegas “Galego sen fronteiras”, que estaban previstos para o 2-24 de xullo de 2020.

A RAG toma esta decisión pensando en primeiro lugar na seguridade e na saúde do alumnado, así como para evitar os problemas e inconvenientes que unha anulación posterior dos cursos podería ter para as persoas que tivesen planificada a súa asistencia, debido á situación de incerteza que aínda persiste sobre a posibilidade de poder desenvolver docencia presencial no mes de xullo de 2020.