Volver

Congreso Ucronías, utopías, distopías

A Asociación Internacional de Estudos Galegos e o Centro de Estudos Galegos de Varsovia, xunto con outras entidades, organizan este congreso virtual arredor dos pasados alternativos, presentes paralelos e futuros imaxinarios que conforman xéneros narrativos puxantes nos comezos do século XXI.

O congreso reunirá especialistas de diversas disciplinas e aqueles que poñen a imaxe e a banda sonora neste tipo de xéneros: artistas e músicos na vangarda da tecnoloxía e a experimentación.

As comunicacións poderán realizarse en galego, éuscaro, catalán, castelán, portugués, mirandés e inglés e serán de 20 minutos. As propostas de comunicación deben enviarse a través da páxina web do congreso. Os artigos derivados do congreso, previa avaliación por pares, publicaranse nas revistas Itinerarios e Madrygal.

O congreso será virtual e celebrarase o 12 e 13 de abril de 2021.