Volver

Literatura nas marxes. A creación alén do canon

Evento coa participación de Mariña Area, Daniel Asorey, Nee Barros, Carlos Callón, Yolanda Castaño, Míriam Ferradáns, Inma López Silva, Eva Mejuto, María Xesús Nogueira, Emma Pedreira, Montse Pena Presas, Mario Regueira, María Reimóndez, Ana Romaní, Marga Tojo, Bieito Troncoso, Marga do Val e Malores Villanueva. Organizado por Daniel Chapela.

A creación en certas temáticas da nosa literatura mantense á marxe do canon literario galego, por máis que estas liñas demostrarse unha revolución en canto á estética e á calidade lingüística. Por ese motivo, cómpre realizar fondas reflexións ao redor da propia existencia do canon galego e sobre o que está a quedar nas marxe, así como dar a coñecer a literatura de gran calidade que fica na periferia do sistema. Ademais, faise preciso analizar as causas que levaron a que esas correntes temáticas quedasen marxinadas, extraendo as vías necesarias para a renovación e adecuación do canon literario actual. Con estes obxectivos xorden as xornadas A literatura nas marxes. A creación alén do canon, que analizará tres das liñas máis relevantes da nosa creación: a reivindicación da muller como suxeito pleno, a desmitificación da maternidade e a literatura con personaxes LGBTIQ+.

 

DÍA 1 - 16 DE MARZO

18:00 h: Inauguración das xornadas.

Valentín García Gómez, secretario xeral de Política Lingüística.

Daniel Chapela, organizador.

18:20 h: Mesa redonda sobre Xela Arias, coordinada por Bieito Troncoso:

Xela Arias. Camiñar ás aforas. Por Ana Romaní.

Por elección. Xela Arias e as marxes. Por María Xesús Nogueira.

Ensai-la vida en bragas. Por Marga do Val.

19:30 h: A dona e o canon, móbiles cal pluma ao vento.

Por Yolanda Castaño.

20:30 h: A lista de compra da poeta. Quere bolsa?

Por Emma Pedreira.

DÍA 2 - 17 DE MARZO

18:30 h: Protagonismo das mulleres e vivencia da maternidade na literatura galega anterior á democracia. Por Malores Villanueva.

19:30 h: Mesa redonda sobre a maternidade en Lupe Gómez, coordinada por Mariña Area:

Escribir entre as ruínas. Amor e desarraigo na poesía de Lupe Gómez. Por Mario Regueira.

O aire é un coitelo: a perspectiva da filla en Lupe Gómez. Por Míriam Ferradáns.

Luz na muller invisíbel. Por Marga Tojo.

20:30 h: Mover os marcos do feminismo ou narrar maternidades e feminidades diversas. Por Inma López Silva.

DÍA 3 - 18 DE MARZO

18:00 h: A literatura xuvenil: entre a loita contra os prexuízos e a axitación de conciencias. Por Montse Pena Presas.

19:00 h: Mesa redonda sobre personaxes LGBTIQ+, coordinada por Nee Barros:

TRANSformando o mundo en 22 segundos. Por Eva Mejuto.

O "hermafroditismo da alma" na literatura galega. Por Carlos Callón.

Transformar a 'normalidade': heroes e heroínas do cotián. Por María Reimóndez.

20:10 h: Identidade e rebelión. Por Daniel Asorey.

21:10 h: clausura das xornadas.

Inscrición previa en oarquivodastrasnas@gmail.com ata o 15 de marzo

Capacidade limitada. Uso obrigatorio de máscara, xel hidroalcólico e distancia de seguridade.