Volver

Bolsas de formación en proxectos de investigación no Centro Ramón Piñeiro

ORDE do 5 de xullo de 2021 pola que se aproban as bases reguladoras que rexerán o concurso público, correspondente ao ano 2021, de once bolsas de formación en proxectos de investigación que se están a desenvolver no Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades e se procede á súa convocatoria (código de procedemento PL500D)

Os once proxectos de investigación en que poderán formarse son os seguintes:

  • Legado científico de Jürgen Untermann
  • Corpus de referencia do galego actual (Corga)
  • Corpus documentale latinum Gallaeciae (Codolga)
  • Bibliografía informatizada da lingua galega (Bilega)
  • Terminoloxía científico-técnica; Informes de literatura
  • Recuperación de textos literarios e xornalísticos galegos
  • Lírica profana galego-portuguesa
  • BiRMED: Bibliografía de Referencia do Arquivo Galicia Medieval
  • Dimensións da identidade colectiva de Galicia; Legados literarios

Poderán solicitar estas bolsas as persoas que reúnan, ademais dos requisitos específicos que se sinalan para cada proxecto de investigación, os seguintes requisitos xerais, que deberán posuír no momento de rematar o prazo de presentación de solicitudes:

  • Posuír a nacionalidade española ou ser nacional dun Estado membro da Unión Europea.
  • Estar en posesión do título universitario de licenciatura ou de grao exixido no proxecto para o cal presente a solicitude. A persoa solicitante deberá estar en posesión do título ou acreditar o pagamento dos dereitos para a súa expedición ao remate do prazo de presentación de solicitudes e ter rematado os estudos conducentes ao curso académico 2007/08 ou posterior.
  • Acreditar o coñecemento da lingua galega no nivel de perfeccionamento ou Celga 4, agás os que acrediten estar en posesión do título de licenciatura en Filoloxía Galega ou graos equivalentes.
  • Non resultar beneficiario dunha bolsa en concursos anteriores ou contratos no Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.
  • Posuír unha nota media no seu expediente académico igual ou superior a 6,5 puntos, calculada de acordo cos parámetros publicados na Resolución da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, do 15 de setembro de 2011 (DOG número 188, do 30 de setembro).

O prazo de presentación de solicitudes remata o 19 de agosto de 2021. As solicitudes poderanse presentar unicamente por vía electrónica.