Resolución definitiva da convocatoria 2024 de prazas en lectorados de lingua, literatura e cultura galegas
ORDE do 13 de maio de 2024 pola que se aproban as bases e se anuncia a convocatoria pública de prazas nos lectorados de lingua, literatura e cultura galegas para o 2024 (Código de procedemento PL500F)
Resolución definitiva da convocatoria de lectorados contratados
Nota informativa sobre a resolución definitiva da convocatoria de lectorados contratados(procedemento PL500F)
Resolución provisional da convocatoria de lectorados contratados
Proposta de resolución provisional da convocatoria de lectorados contratados (procedemento PL500F).
Esta proposta de resolución provisional estará exposta a información pública por un prazo de dez días contados a partir do día seguinte á data de publicación. Durante este prazo, as persoas interesadas poderán formular as alegacións que consideren pertinentes nos lugares e formas indicados.
Relación definitiva de admitidos, excluídos e desistidos
Publicación das listaxes definitivas de admitidos (anexo I), excluídos (anexo II) e desistidos (anexo III).
Relación provisional de admitidos, excluídos e desistidos
Publicación das listaxes provisionais de admitidos (anexo I), excluídos (anexo II) e desistidos (anexo III).
As persoas interesadas dispoñen dun prazo de 5 días, contados a partir do seguinte ao da publicación destas listaxes, para presentar as reclamacións que, contra elas, estimen pertinentes.
Convocatoria
As prazas convocadas son as que se relacionan a continuación:
| Destino | Localidade | País | Inicio | Remate |
| University College Cork | Cork | Irlanda | 01/09/24 | 31/08/27 |
| Universität Leipzig | Leipzig | Alemaña | 01/10/24 | 30/09/27 |
| University of Oxford | Oxford | Reino Unido | 01/10/24 | 30/09/27 |
| Univ. del País Vasco / Euskal Herriko Univertsitatea | Vitoria | España | 01/09/24 | 31/08/27 |
| Uniwersytet Warszawski | Varsovia | Polonia | 01/10/24 | 30/09/27 |
As entrevistas realizaranse de forma virtual (por videoconferencia) a mediados do mes de xullo.
O prazo de presentación de solicitudes estará aberto entre o 28 de maio e o 27 de xuño de 2024.
*Advertidos erros na devandita orde, publicada no Diario Oficial de Galicia número 101, do 27 de maio de 2024, cómpre facer as seguintes correccións:
Na páxina 32310, na táboa que fai referencia á Universidade de Oxford, no relativo ao perfil da praza, onde di: "Valorarase o interese e/ou a experiencia no ensino do español.", debe dicir: "Valoraranse as cualificacións e/ou a experiencia no ensino de español."