Resolución definitiva da convocatoria 2024 de bolsas de formación en lectorados de lingua, literatura e cultura galegas

ORDE do 13 de maio de 2024 pola que se aproban as bases e se anuncia a convocatoria pública de bolsas de formación nos lectorados de lingua, literatura e cultura galegas para o 2024 (Código de procedemento PL500E).

Resolución definitiva da convocatoria de lectorados bolseiros

Proposta de resolución definitiva da convocatoria de lectorados bolseiros (procedemento PL500E).

Resolución provisional da convocatoria de lectorados bolseiros

Proposta de resolución provisional da convocatoria de lectorados bolseiros (procedemento PL500E).

Esta proposta de resolución provisional estará exposta a información pública por un prazo de dez días contados a partir do día seguinte á data de publicación. Durante este prazo, as persoas interesadas poderán formular as alegacións que consideren pertinentes nos lugares e formas indicados.

Relación definitiva de admitidos, excluídos e desistidos

Publicación das listaxes definitivase admitidos (anexo I), excluídos (anexo II) e desistidos (anexo III).

Relación provisional de admitidos, excluídos e desistidos

Publicación das listaxes provisionais de admitidos (anexo I), excluídos (anexo II) e desistidos (anexo III).

As persoas interesadas dispoñen dun prazo de 5 días, contados a partir do seguinte ao da publicación destas listaxes, para presentar as reclamacións que, contra elas, estimen pertinentes.

Convocatoria

As prazas convocadas son as que se relacionan a continuación:

Destino Localidade País Inicio Remate
Universidad Complutense de Madrid Madrid España 01/10/24 30/09/27
Universitat Autònoma de Barcelona Barcelona España 01/10/24 30/09/27
Université de la Sorbonne Nouvelle, París III París Francia 01/10/24 30/09/27
Universidade do Estado do Río de Janeiro Río de Janeiro O Brasil 01/01/25 31/12/27
“Sapienza” Università di Roma Roma Italia 01/10/24 30/09/27
Universidade Federal da Bahia Salvador de Bahía O Brasil 01/01/25 31/12/27
Sveučilište u Zadru Zádar Croacia 01/10/24 30/09/27

 

As entrevistas realizaranse de forma virtual (por videoconferencia) a mediados do mes de xullo.

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto entre o 28 de maio e o 27 de xuño de 2024.

Documentos relacionados

  • Resolución definitiva PDF

  • Resolución provisional PDF

  • Listaxe provisional de admitidos, excluídos e desistidos PDF

  • Listaxe definitiva de admitidos, excluídos e desistidos PDF

Normativas relacionadas