XXI Xornada de Normalización Lingüística 2025
O vindeiro día 21 de novembro desenvolverase a XXI Xornada de Normalización Lingüística organizada por Ferega en colaboración coa Secretaría Xeral da Lingua e co patrocinio de Rodeira-Edebé.
Terá lugar dende as 9.30 ata as 15.00 horas na sede do Consello da Cultura Galega, en Santiago de Compostela.
Nelas analizarase a figura de Begoña Caamaño, a escritora e xornalista á que se lle dedica o Día das Letras Galegas 2026. Trátase dunha xornada dirixida ao profesorado de Lingua e Literatura Galega, aberta tanto a centros públicos coma privados, na que se ofrecen as primeiras ferramentas para traballar sobre a figura homenaxeada nas Letras e para avanzar no uso da lingua. Así mesmo, entregaranse os premios Irmán Reboiras ás mellores iniciativas de fomento do galego.