Volver

Xornada do Día das Letras Galegas, Begoña Caamaño

O vindeiro sábado 18 de abril desenvolverase outro ano máis a Xornada do Día das Letras Galegas, organizada pola Secretaría Xeral da Lingua en colaboración co CAFI (Centro Autonómico de Formación e Innovación). Terá lugar desde as 9.30 ata as 20.30 horas no salón de actos do Pazo de San Roque, en Santiago de Compostela.

Nesta sesión, distintas voces analizarán a figura de Begoña Caamaño, a quen se lle dedica este ano o Día das Letras Galegas. Trátase dunha proposta dirixida ao profesorado de Lingua e Literatura Galega na que se ofrecen as primeiras ferramentas e aplicacións didácticas para traballar sobre a obra e proxecto vital da escritora e xornalista homenaxeada.

Así mesmo, presentaranse os traballos gañadores do concurso-exposición das Letras Galegas 2026 e as distintas experiencias, proxectos e recursos que se realizaron ou van realizar nos centros de ensino arredor de Begoña Caamaño.