Volver

XIV Premio de Narrativa Breve Repsol

A Fundación Repsol, en colaboración coa Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia, no desexo de contribuír ao desenvolvemento da literatura galega, convoca a décimo cuarta edición do Premio de Narrativa Breve Repsol.

Poderán concorrer todos os autores que o desexen cunha novela curta, orixinal e inédita escrita en lingua galega.

Os textos deberán enviarse antes do 31 de xullo a:

Refinería Repsol A Coruña

Apartado de correos 700

15080 A Coruña