Volver

II Premio de Novela da Galicia Rural

Co obxectivo de promover a visibilidade do mundo rural galego e reflexionar sobre as súas problemáticas, posibilidades e retos presentes e futuros a través da creación literaria, o Concello de San Xoán de Río, co apoio e patrocinio da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia e a colaboración da Editorial Galaxia, convoca o «II Premio de Novela da Galicia Rural». 

Trátase dunha convocatoria dirixida tanto autores e autoras xa consagrados como a novos talentos da nosa literatura que, coas súas novelas orixinais e inéditas, queiran contribuír a poñer en contacto os lectores e lectoras co presente, o pasado ou o futuro do mundo rural galego. 

As propostas serán enviadas antes do 15 de decembro do 2021 e o ditame do xurado farase público no mes de febreiro do 2022.