Resolución da convocatoria para a realización de proxectos de innovación educativa en dinamización lingüística 2023-24
Resolución da Convocatoria de participación nos proxectos de innovación educativa en dinamización lingüística para os centros docentes de titularidade da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades durante o curso académico 2023-2024.
Resolución
A Secretaría Xeral da Lingua e a Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa resolveron a convocatoria de participación nos proxectos de innovación educativa en dinamización lingüística para os centros docentes de titularidade pública da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades durante o curso académico 2023/2024.
Seleccionáronse os seguintes proxectos, ao abeiro da Resolución da Secretaría Xeral da Lingua e da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa pola que se convoca a participación en proxectos de innovación educativa en dinamización lingüística para os centros docentes de titularidade pública da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades durante o curso académico 2023/2024 e se establecen as bases reguladoras para realizalos:
Son cinco os proxectos aos que se lles recoñece a consideración de excelentes:
Proxecto | Centro | Concello | Provincia |
IES Rafael Dieste | A Coruña | A Coruña | |
IES A Cachada | Boiro | A Coruña | |
CEIP de Prácticas López Ferreiro | Santiago de Compostela | A Coruña | |
IES Fontem Albei | A Fonsagrada | Lugo | |
CEIP Plurilingüe de Tenorio | Cerdedo-Cotobade | Pontevedra |
Cada un destes cinco proxectos recibirá unha dotación económica de 2.000 € para o centro ou centros. O profesorado implicado activamente no seu desenvolvemento recibirá unha certificación de Primeiro Premio de Innovación Educativa, cunha equivalencia de 30 horas de formación permanente do profesorado para a persoa coordinadora e de 20 horas para o profesorado participante, alén de apoio e asesoramento no seu desenvolvemento e a difusión a través da rede e da páxina web da Secretaría Xeral da Lingua.
Dous son os proxectos aos que se lles concede unha Mención de Honra:
CEIP Vicente Risco | Vigo | Pontevedra | |
CEE María Mariño | A Coruña | A Coruña |
Convocatoria
Resolución da Secretaría Xeral de Política Lingüística e da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa pola que se convoca a participación en proxectos de innovación educativa en dinamización lingüística para os centros docentes de titularidade pública da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades durante o curso académico 2023/2024 e se establecen as bases reguladoras para realizalos.
A Secretaría Xeral de Política Lingüística e mais a Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa publican a convocatoria de participación en proxectos de innovación educativa en dinamización lingüística para os centros docentes de titularidade pública da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades durante o curso académico 2023/2024.
Os centros públicos admitidos no programa Proxectos de innovación educativa en dinamización lingüística, no marco do Plan Proxecta+, teñen a obriga de participar. Tamén se poderán presentar os demais centros docentes de titularidade pública da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades.
Ao abeiro desta convocatoria, seleccionaranse cinco proxectos, que terán a consideración de excelentes; cada un deles recibirá unha dotación económica de 2 000 euros. Poderán concederse dúas mencións de honra, de ser o caso.
O profesorado implicado activamente no desenvolvemento dos cinco proxectos seleccionados recibirá unha certificación de Primeiro Premio de Innovación Educativa, cunha equivalencia de 20 horas de formación permanente do profesorado (30 para a persoa coordinadora). O persoal docente dos proxectos recoñecidos, de ser o caso, coa mención de honra recibirá unha certificación de Accésit.
O prazo de presentación das solicitudes, que se enviarán exclusivamente a través da Sede electrónica da Xunta de Galicia, rematará o día 12 de marzo de 2024.