Probas Celga 2, 3 e 4
RESOLUCIÓN do 4 de agosto de 2023, da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pola que se convocan as probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 2, 3 e 4, no ano 2023 (código de procedemento PL500C).
Convocatoria de probas
As probas dos distintos niveis Celga terán lugar en novembro / decembro de 2023, sempre que ningunha circunstancia excepcional o impida. As datas concretas serán debidamente publicadas no Diario Oficial de Galicia, así como no Portal da Lingua Galega.
As probas realizaranse en Santiago de Compostela e en Ponferrada.
As persoas que desexen inscribirse nas probas Celga deberán cubrir o formulario de solicitude, segundo o modelo PL500C, e aboar a taxa correspondente.
Prazo de presentación das solicitudes e de pagamento da taxa correspondente: do 5 ao 25 de setembro.