Probas Celga 1, 2, 3 e 4. Portas de entrada e aulas

RESOLUCIÓN do 6 de marzo de 2026, da Secretaría Xeral da Lingua, pola que se convocan as probas para a obtención dos certificados de lingua galega (Celga), niveis 1, 2, 3 e 4, no ano 2026 (código de procedemento PL500C).

Portas de entrada e aulas (23 e 24 de maio)

As persoas convocadas deberán presentarse entre as 8.30 e as 8.45 horas no lugar de realización das probas provistas de DNI, NIE ou pasaporte e bolígrafo azul ou negro.

CELGA 4

IES Antonio Fraguas de Santiago de Compostela

Porta A: aulas 0 - 11

Porta B: aulas 12 – 21

EOI de Ponferrada

Porta única

Casa de Galicia en Madrid

Porta única

Datas de realización das probas

Celga 4, en Santiago de Compostela, en Ponferrada e en Madrid:

23 de maio de 2026, para as persoas admitidas cuxo primeiro apelido empece por algunha das seguintes letras: M, N, Ñ, O, P, Q, R, S, T, U, V, W, X, Y, Z e A.

24 de maio de 2026, para as persoas admitidas cuxo primeiro apelido empece por algunha das seguintes letras: B, C, D, E, F, G, H, I, J, K e L.

Celga 3, en Santiago de Compostela, en Ponferrada e en Madrid:

30 de maio de 2026, para todas as persoas admitidas.

Celga 2, en Santiago de Compostela, en Ponferrada e en Madrid:

31 de maio de 2026, para todas as persoas admitidas.

Celga 1, en Santiago de Compostela:

6 de xuño de 2026, para todas as persoas admitidas.

Lugares de realización das probas

Santiago de Compostela

Celga 2, Celga 3 e Celga 4

IES Antonio Fraguas, rúa Londres, núm. 10

Celga 1

EGAP, rúa Madrid, núm. 2-4

Ponferrada

EOI de Ponferrada, rúa Río Burbia, s/n

Madrid

Casa de Galicia en Madrid, rúa Casado del Alisal, 8

Horario de realización das probas

As persoas candidatas deben presentarse no lugar e día de realización das probas entre as 8.30 e as 8.45 horas, provistas de DNI, NIE ou pasaporte e bolígrafo azul ou negro.

Proba escrita

Comezará ás 9.00 horas. Uns días antes da realización da proba, publicaranse nesta páxina web www.lingua.gal a porta de acceso e a aula que lle corresponderá a cada persoa.

Proba oral

A proba oral será a continuación da proba escrita. Os chamamentos faranse en quendas de 15-20 minutos, por orde alfabética, comezando pola letra M, agás o día 24 de maio que comezarán pola letra B. A proba poderá prolongarse até a tarde.

Listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas

Celga 1: listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas nas probas de xuño de 2026

Resolución do 30 de abril de 2026 pola que se publican as listaxes definitivas do Celga 1

Celga 2: listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas nas probas de maio de 2026

Resolución do 30 de abril de 2026 pola que se publican as listaxes definitivas do Celga 2

Celga 3: listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas nas probas de maio de 2026

Resolución do 30 de abril de 2026 pola que se publican as listaxes definitivas do Celga 3

Celga 4: listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas nas probas de maio de 2026

Resolución do 30 de abril de 2026 pola que se publican as listaxes definitivas do Celga 4

Listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas

Celga 1: listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas nas probas de xuño de 2026

As probas realizaranse o día 6 de xuño de 2026

Remate do prazo de presentación de emendas: 29 de abril de 2026

Resolución do 15 de abril de 2026 pola que se publican as listaxes provisionais do Celga 1

Celga 2: listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas nas probas de maio de 2026

As probas realizaranse o día 31 de maio de 2026

Remate do prazo de presentación de emendas: 29 de abril de 2026

Resolución do 15 de abril de 2026 pola que se publican as listaxes provisionais do Celga 2

Celga 3: listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas nas probas de maio de 2026

As probas realizaranse o día 30 de maio de 2026

Remate do prazo de presentación de emendas: 29 de abril de 2026

Resolución do 15 de abril de 2026 pola que se publican as listaxes provisionais do Celga 3

Celga 4: listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas nas probas de maio de 2026

As probas realizaranse os días 23 e 24 de maio de 2026

Remate do prazo de presentación de emendas: 29 de abril de 2026

Resolución do 15 de abril de 2026 pola que se publican as listaxes provisionais do Celga 4

Convocatoria

As probas dos distintos niveis Celga terán lugar entre a segunda quincena de maio e a primeira de xuño de 2026, sempre que ningunha circunstancia excepcional o impida. As datas concretas serán debidamente publicadas no Diario Oficial de Galicia, así como neste mesmo Portal da Lingua Galega.

As probas realizaranse en Santiago de Compostela, en Ponferrada e en Madrid.

As sedes e horarios para a realización das probas publicaranse no Portal da Lingua Galega xunto coas listaxes definitivas das persoas admitidas.

As persoas que desexen inscribirse nas probas Celga deberán cubrir o formulario de solicitude, segundo o modelo PL500C, e aboar a taxa correspondente.

O prazo de presentación das solicitudes, así como o de pagamento da taxa correspondente aos dereitos de exame, será de quince días hábiles, que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia: do 16 de marzo ao 8 de abril.

Celga

Teléfono: 881 996 313 / 881 996 308 / 881 996 307 / 881 996 541 / 881 996 309 / 881 996 310 / 881 996 304

-Enderezo físico

R/ San Roque, nº 2
15704 - Santiago de Compostela, (A Coruña)

Gabinete Provincial de Normalización Lingüística da Coruña

-M.ª Cruz Blanco de Azpiazu

Teléfono: 981 184 720 / 981 182 350 / 981 184 898

-Enderezo físico

Edificio Administrativo de Monelos. Avda. Vicente Ferrer, 2, 7º andar
15071 - A Coruña

Gabinete Provincial de Normalización Lingüística de Lugo

-Mercedes González Castro

Teléfono: 982 294 162

-Enderezo físico

Edificio Administrativo Rolda da Muralla, 70
27071 - Lugo

Gabinete Provincial de Normalización Lingüística de Ourense

-Ángel Míguez López

Teléfono: 988 386 659 / 988 386 649

-Enderezo físico

Avda. da Habana, 79, 3º andar
32071 - Ourense

Gabinete Provincial de Normalización Lingüística de Pontevedra

-Mª José Blanco Gómez

Teléfono: 986 805 537 / 986 805 529

-Enderezo físico

Avda. Mª Victoria Moreno, 43, 6º andar
36003 - Pontevedra

Normativas relacionadas