Volver

Axudas ás entidades locais para a promoción do uso da lingua galega

ORDE do 18 de xuño de 2020 pola que se establecen as bases para a concesión de subvencións ás entidades locais de Galicia para a promoción do uso da lingua galega e se procede á súa convocatoria para o ano 2020 (código de procedemento PL400A)

Entidades beneficiarias

1. As entidades locais de Galicia, excluídas as deputacións provinciais.

2. Os agrupamentos de concellos para a realización dun proxecto común. As súas entidades integrantes nomearán unha entidade representante única que actuará como coordinadora e interlocutora coa Secretaría Xeral de Política Lingüística e que será a receptora da asignación económica.

Obxecto

O obxecto desta orde é aprobar as bases e convocar as axudas, en réxime de concorrencia competitiva, destinadas a fomentar a prestación dun servizo lingüístico, mediante o mantemento ou reforzamento dos existentes para o ano 2020, en concellos ou en agrupamento de concellos con poboación igual ou superior aos 3.000 habitantes.

Contía

Importe total da convocatoria: 100.000 euros.

Prazo

O prazo de presentación de solicitudes vai do 17 de xullo ao 17 de agosto de 2020.