Volver

Axudas ás entidades locais para a promoción do uso da lingua galega

Orde do 24 de marzo de 2021 pola que se establecen as bases para a concesión de subvencións ás entidades locais de Galicia para a promoción do uso da lingua galega e se procede á súa convocatoria (PL400A).

Nesta convocatoria recupéranse as accións subvencionables que se ofertaban antes da pandemia e a dotación orzamentaria ascende a 350.000 €.

As modalidades de subvención son as que se relacionan a seguir:

a) Creación dun servizo lingüístico.

b) Mantemento ou reforzamento dun servizo lingüístico.

c) Desenvolvemento de dinamización lingüística dunha entidade local carente de servizo lingüístico.

O prazo de presentación de solicitudes vai do 10 de abril ata o 10 de maio, ambos os dous incluídos.

As datas dos gastos que se efectúen deberán estar comprendidas entre o 1 de xaneiro e o 15 de outubro de 2021.

O prazo de xustificación remata o día 20 de outubro de 2021.