Volver

Axudas ás entidades locais para a promoción do uso da lingua galega

Orde do 17 de marzo de 2022 pola que se establecen as bases para a concesión de subvencións ás entidades locais de Galicia para a promoción do uso da lingua galega e se procede á súa convocatoria para o ano 2022 (código de procedemento PL400A).

O prazo de presentación de solicitudes vai do 31 de marzo ao 2 de maio de 2022.

O obxecto desta orde é aprobar as bases e convocar as axudas, en réxime de concorrencia competitiva, destinadas a fomentar a prestación dun servizo lingüístico, mediante a súa creación ou o mantemento ou reforzamento dos existentes, ou a promover a planificación e o desenvolvemento de programas de dinamización da lingua galega, para o ano 2022, en concellos ou en agrupamentos de concellos con poboación igual ou superior aos 3.000 habitantes.

O importe total da convocatoria é de 350.000 euros.