Subvencións ás entidades locais de Galicia para a promoción do uso da lingua galega
ORDE do 6 de marzo de 2023 pola que se establecen as bases para a concesión de subvencións ás entidades locais de Galicia para a promoción do uso da lingua galega e se procede á súa convocatoria para o ano 2023 (código de procedemento PL400A).
O obxecto desta orde é aprobar as bases e convocar as axudas, en réxime de concorrencia competitiva, destinadas a fomentar a prestación dun servizo lingüístico, mediante a súa creación ou o mantemento ou reforzamento dos existentes, ou a promover a planificación e o desenvolvemento de programas de dinamización da lingua galega, para o ano 2023, en concellos ou en agrupamento de concellos con poboación igual ou superior aos 3.000 habitantes.
As modalidades que adoptan estas axudas son as seguintes:
a) Creación dun servizo lingüístico.
b) Mantemento ou reforzamento dun servizo lingüístico.
c) Desenvolvemento de dinamización lingüística dunha entidade local carente de servizo lingüístico.
O prazo de presentación de solicitudes remata o 17 de abril de 2023.