Convocatoria 2026 de axudas ás entidades locais para a promoción do uso da lingua galega
ORDE do 18 de marzo de 2026 pola que se establecen as bases para a concesión de subvencións ás entidades locais de Galicia para a promoción do uso da lingua galega e se procede á súa convocatoria para o ano 2026 (código de procedemento PL400A).
O obxecto deste procedemento é establecer axudas para fomentar a prestación dun servizo lingüístico da lingua galega, mediante a súa creación ou o mantemento ou reforzamento dos existentes, ou promover a planificación e o desenvolvemento de programas de dinamización da lingua galega, para o ano 2026, en concellos ou en agrupamento de concellos con poboación igual ou superior aos 3.000 habitantes (código de procedemento administrativo PL400A).
Importe total da convocatoria: 350.000 euros. Este importe inicial pode ser ampliado en función das dispoñibilidades orzamentarias.
O prazo de presentación de solicitudes abrangue desde o día 8 de abril ata o 7 de maio.
Serán obxecto de subvención as actividades realizadas entre o 1 de xaneiro e o 15 de outubro de 2026.
O prazo de xustificación remata o día 20 de outubro de 2026.