Volver

IV Premio Alberte Quiñoi de Álbum Ilustrado

O Concello da Estrada, co apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia e a colaboración da Editorial Galaxia, convoca o IV Premio Alberte Quiñoi de Álbum Ilustrado. Poden participar todas as obras ilustradas de tema libre, inéditas en calquera medio ou soporte, dirixidas ao público infantil.

O prazo de presentación remata o 24 de febreiro de 2024.