Volver

II Premio de Oratoria en Formato Podcast "Ramón Otero Pedrayo"

A Asociación Amigos de Otero Pedrayo convoca, coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística, o II Premio de Oratoria en Formato Podcast "Ramón Otero Pedrayo", coa finalidade de incentivar a expresión correcta e as habilidades comunicativas mediante o cultivo da expresión oral e da oratoria —da que o escritor ourensán foi un mestre—, con técnicas actuais para a sociedade dixital.

O certame está destinado a estudantes de 15 a 25 anos de idade que cursen estudos de educación secundaria obrigatoria, bacharelato, graos universitarios ou mestrados.

Os temas preferentes das pezas que se presenten ao premio serán o medio ambiente, a paisaxe, a sostibilidade, o territorio, o patrimonio, a historia, a xeografía, a etnografía, a comunicación oral e a tradición oral. Todos temas do universo oteriano. O idioma será o galego.

As pezas enviaranse ao correo da asociacion: amigos.de.otero.pedrayo@gmail.com entre o 10 de febreiro e o 25 de xullo de 2024.