Volver

Orde de subvencións ás entidades locais para a posta en marcha de iniciativas dirixidas á xuventude

Orde do 11 de abril de 2017 pola que se aproban as bases que rexen as subvencións destinadas ás entidades locais de Galicia para a posta en marcha de iniciativas locais dirixidas á xuventude durante o ano 2017, e se procede á súa convocatoria.

Nesta convocatoria da Consellería de Política Social, a dinamización da lingua galega entre a mocidade é unha das áreas de atención prioritaria. Tamén figura como criterio de valoración a ter en conta o emprego da lingua galega no desenvolvemento das actividades do proxecto, nos materiais escritos e audiovisuais que se elaboren e nas canles de difusión utilizadas.