Humanizamos espazos no Eusebio

Centro: IES Plurilingüe Eusebio da Guarda, A Coruña (A Coruña)
Curso: 2026-2027

Comeza o curso e con el novas iniciativas dinamizadoras para fomentar o uso do galego entre a comunidade educativa e potenciar a súa presenza nas dependencias escolares. O IES Plurilingüe Eusebio da Guarda bota a andar Humanizamos espazos no Eusebio, un proxecto que pretende establecer unha conexión entre o patrimonio intelectual e histórico e a realidade cotiá do instituto a través de persoeiros relacionados con distintos ámbitos do coñecemento.

Enlaces relacionados