LETRAS GALEGAS
2010 - Uxío Novoneyra
Nacido en Folgoso do Courel en 1930, foi un dos referentes da poesía galega contemporánea. Morreu en Santiago de Compostela cando apenas entrara na ancianidade, o 30 de outubro de 1999, e foi enterrado en Lugo, no cemiterio. A bibliografía de Novoneyra é moi complexa, e algúns dos seus poemas máis célebres foron publicados en revistas ou panfletos moito antes de seren recollidos en libro. Unha das obras que podemos destacar é Os Eidos, con poemas escritos entr e1952 e 1953.
Coñece máis sobre a vida e obra de Uxío Novoneyra a través dun texto de Darío Xohán Cabana na web da Real Academia Galega, onde se pode consultar tamén o programa de actos conmemorativos
Exposicións
CPI Virxe dos Remedios, Castro Caldelas (Ourense). Uxío Courel, Courel Uxío
Exposición gañadora do Concurso-Exposición Letras Galegas 2010 da Categoría B
CEIP Santo Estevo de Parga, Guitiriz (Lugo). Courel
Exposición gañadora do Concurso-Exposición de educación primaria. Categoría A