LETRAS GALEGAS

2012 - Valentín Paz Andrade

Valentín Paz-Andrade nace o 23 de abril de 1898 en Lérez (Pontevedra) e morre en Vigo, o 19 de maio de 1989. Home de profundas conviccións galeguistas espallou o seu pensamento nos ámbitos da avogacía, da empresa, do xornalismo, da política e da literatura.

Licenciouse en Dereito en Santiago de Compostela en 1921. Da man do seu tío, o poeta Xoán Bautista Andrade, coñece a Castelao e participa no 1919 na II Asemblea Nacionalista. Posteriormente, foi secretario do Partido Galeguista, candidato ás Cortes Constituíntes de 1931 e colaborador na redacción do Estatuto de Autonomía. Xa nos anos setenta, podemos velo vinculado a diversas organizacións como a Xunta Democrática. En 1977 foi elixido senador por Pontevedra pola Candidatura Democrática Gallega nas Cortes Constituíntes.

Dentro da literatura iníciase no eido da narrativa cunha obra que non chegou a publicar datada de 1921, Soldado da morte. Formou parte da Xeración poética de 1925 e deixounos títulos como Pranto Matricial (1954), Sementeira do Vento (1968) ou Cen chaves de Sombra (1979). Tamén escribiu ensaio literario, histórico e económico, así como obras relacionadas co mundo empresarial pesqueiro: Principios de economía pesquera (1954), Galicia como tarea (1959) ou La marginación de Galicia (1970), son algúns exemplos.

O xornalismo formou parte dende moi cedo das súas inquedanzas. Colaborou en diferentes revistas literarias como O Ensino, Grial e Outeiro. Dirixiu, entre 1922 e 1926, o xornal Galicia e tamén publicou artigos de carácter político e económico en El País, La Vanguardia ou Industrias Conserveras.

Traballador incansable, sempre tivo como norte o desenvolvemento económico de Galicia e formou parte de diferentes iniciativas emprendedoras. Cómpre destacar o seu labor como promotor e vicepresidente do grupo industrial Pescanova, así como o seu destacado papel como técnico da FAO.

Valentín Paz-Andrade, o poeta, o ensaísta, o político, o empresario é un exemplo de home polifacético que fixo da súa vida unha entrega á tarefa que el sempre considerou primordial: a modernización e o desenvolvemento de Galicia.

Exposicións

Actividades dinamizadoras nos centros

Imaxe  Cadernos da emoción e da palabra. Valentín Paz-Andrade

IES María Casares de Oleiros (A Coruña)

Cadernos da emoción e da palabra. Valentín Paz-Andrade

Imaxe  Libro interactivo para coñecermos a vida e obra de Valentín Paz-Andrade

CEIP Condesa de Fenosa do Barco de Valdeorras (Ourense)

Libro interactivo para coñecermos a vida e obra de Valentín Paz-Andrade

Imaxe   50 anos das Letras Galegas

CEIP Ponte dos Brozos de Arteixo (A Coruña)

50 anos das Letras Galegas

Imaxe   Letras 2012. Gravados

CPI José García García (Ourense)

Letras 2012. Gravados

Imaxe  Caza do tesouro Valentín Paz-Andrade

CEIP Nosa Señora de Xuvencos (Ourense)

Caza do tesouro Valentín Paz-Andrade

Imaxe  LIM sobre Valentín Paz-Andrade

CEIP de Rebordáns de Tui (Pontevedra)

LIM sobre Valentín Paz-Andrade

Imaxe  Materiais do Seminario Galán

CEIP Alfredo Brañas, de Paiosaco-A Laracha; CEIP Galán, de Oseiro-Arteixo; CEIP María Barbeito, da Coruña; CEIP Montel Touzet, da Coruña; CEIP Portofaro, do Temple-Cambre; CEIP Praia de Quenxe, de Corcubión; CEIP San Xosé Obreiro, de Meicende (Arteixo); CEIP Torrente Ballester, de Sigrás-Cambre; CEIP W. Fernández Flórez, de Cambre e EEI de Dimo, de Catoira

Materiais do Seminario Galán

Imaxe  Coñecemos a lingua a través dos nosos persoeiros

CEIP García Barbón de Vigo (Pontevedra)

Coñecemos a lingua a través dos nosos persoeiros

Imaxe  Telexornal Paz-Andrade

CPI dos Dices de Rois (A Coruña)

Telexornal Paz-Andrade

Imaxe  Valentín Paz-Andrade. Empresa en galego

Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística (CGENDL)

Valentín Paz-Andrade. Empresa en galego

Imaxe Cando ti volvas

CEIP San Xoán de Filgueira de Ferrol (A Coruña)

Cando ti volvas