LETRAS GALEGAS

2016 - Manuel María

Manuel María Fernández Teixeiro naceu en Outeiro de Rei o 6 de outubro de 1929 e faleceu na Coruña o 8 de setembro de 2004. A súa prolífica obra, sempre impregnada dun fondo compromiso social, abrangue distintos xéneros, dende a poesía á narrativa pasando polo teatro e o ensaio.

No ano 1942 comezou en Lugo os seus estudos de bacharelato ao tempo que agromaba xa unha temperá vocación pola escrita. Alí, logo de coñecer a Uxío Novoneyra, integrouse na tertulia do Café Méndez Núñez onde compartiu inquedanzas con autores tan destacados como Pimentel, Fole, Cunqueiro, Carballo Calero, Iglesia Alvariño ou Rof Codina. Con eles entrará en contacto co galeguismo, tanto o interior como o do exilio.

Nestes anos, dará a coñecer os seus primeiros poemas na revista literaria Xistral, fundada por el mesmo en colaboración co seu amigo Manuel Antonio Sopena.

No ano 1950, publica o seu primeiro poemario, Muiñeiro de brétemas, o primeiro libro en galego editado despois da Guerra Civil e co que se inaugura unha das correntes poéticas máis significativas da posguerra, a coñecida como "Escola da Tebra".

En 1956 Manuel María coñece á que será a súa compañeira e musa, Saleta Goi. A parella casa en Lugo tres anos máis tarde e pouco despois instálanse os dous en Monforte de Lemos, onde o poeta exercerá a actividade profesional de Procurador ata a súa xubilación.

Na década dos 60 e 70, leva a cabo unha intensa actividade política na clandestinidade, comprometido coa defensa dos movementos nacionalistas e implicado en múltiples iniciativas de promoción e recuperación cultural (conferencias, recitados, concertos...). O activismo político levouno a ser elixido, en 1979, concelleiro de Monforte polo Bloque Nacional Popular Galego.

Na súa fecunda obra cómpre salientar poemarios como Terra Chá (1954), Mar maior (1963), Libro dos pregos (1962), Cancións do lusco ó fusco (1970), Poemas ó outono (1977), Compendio de orballos e incertezas (1991), Poemas a Compostela (1993) ou o emblemático Os soños na gaiola (1968) dirixido ao público infantil. Deixounos tamén obras narrativas coma O bigote de Mimí (2003); dramáticas: Aventuras e desventuras dunha espiña de toxo chamada Berenguela (1979) ou a Farsa de Bululú (2007); e ensaísiticas: Poetas entre a tradición e a modernidade. Luís Amado Carballo e a súa escola poética (1997) .

Esta intensa traxectoria literaria fíxoo merecedor de numerosos galardóns entre os que destacan: en 1976, o I Concurso de guións cinematográficos de Nós. Cinematográfica Galega; o premio “Celanova, casa dos poetas”, outorgado en 1990, ou o “Pedrón de Ouro”, recibido en 1994 na Casa Museo de Rosalía de Castro.

Manuel María, referente obrigado da literatura galega da segunda metade do século XX, revélasenos como unha figura singular non só pola riqueza creativa e temática da súa obra senón tamén polo compromiso íntimo coa súa cultura, coa súa lingua, co seu pobo.

Exposicións

Actividades dinamizadoras nos centros

Imaxe Maxia con Manuel María

IES Espiñeira, Boiro (A Coruña)

Maxia con Manuel María

Imaxe  Flashmob Letras Galegas 2016 - Leriando no Casares

IES Carlos Casares, Vigo (Pontevedra)

Flashmob Letras Galegas 2016 - Leriando no Casares

Imaxe App para Android

IES David Buján, Cambre (A Coruña)

App para Android

Imaxe O Arco da Vella

CPR Franciscanas, Ourense

O Arco da Vella

Imaxe  “Galicia”

CEIP Carballal, Marín (Pontevedra)

“Galicia”

Imaxe Symbaloo con temática de Manuel María

CEIP Plurilingüe da Espiñeira Aldán, Cangas (Pontevedra)

Symbaloo con temática de Manuel María

Imaxe Vida e obra de Manuel María

CPR San Pío X, Ourense

Vida e obra de Manuel María

Imaxe Canto ao idioma galego

IES Poeta Díaz Castro, Guitiriz (Lugo)

Canto ao idioma galego

Imaxe Libreta e marcapáxinas

CEE Vilagarcía de Arousa (Pontevedra)

Libreta e marcapáxinas

Imaxe Caderno Manuel María

IES María Casares, Oleiros (A Coruña)

Caderno Manuel María

Imaxe Videopoemas

IES David Buján, Cambre (A Coruña)

Videopoemas

Imaxe Edilim Manuel María

CEIP Francisco Vales Villamarín, Betanzos (A Coruña)

Edilim Manuel María

Imaxe Presentacións e bandos

CPI Antonio Orza Couto, Boqueixón (A Coruña)

Presentacións e bandos

Imaxe Libro 3D con poemas de Manuel María  ilustrados

CEE de Vilagarcía de Arousa (Pontevedra)

Libro 3D con poemas de Manuel María ilustrados

Imaxe Lim Manuel María

CEIP A Maía, Ames (A Coruña)

Lim Manuel María

Imaxe Chapa con lema Manuel María

EDLG da comarca do Morrazo

Chapa con lema Manuel María

Imaxe Calendario Manuel María

CEE Manuel López Navalón, Santiago de Compostela (A Coruña)

Calendario Manuel María

Imaxe Na procura de Manuel María

IES Lauro Olmo, CEIP Julio Gurriarán Canalejas, CEIP Condesa de Fenosa, CEIP Otero Pedrayo, CEIP Virxe do Camiño de Rubiá, O Barco de Valdeorras (Ourense), CPI Tomás Terrón Mendaña, Carballeda de Valdeorras (Ourense)

Na procura de Manuel María

Imaxe O carro galego

CEIP A Magdalena, As Pontes de García Rodríguez (A Coruña)

O carro galego

Imaxe Letras Galegas 2016, Manuel María

Seminario Galán (A Coruña)

Letras Galegas 2016, Manuel María

Imaxe Telexornal Manuel María

CPI dos Dices, Rois (A Coruña)

Telexornal Manuel María

Imaxe LIM Música Tradicional Galega

CEIP Amaro Refoxo, Verín (Ourense)

LIM Música Tradicional Galega

Imaxe Calendario

IES Lagoa de Antela, Xinzo da Limia (Ourense)

Calendario

Imaxe

CEIP de Prácticas, Ourense (Ourense)

"A Fala"

Imaxe Os soños na gaiola

CEIP Juan Fernández Latorre, A Coruña

Os soños na gaiola

Imaxe O caracol, Os soños na gaiola

CEIP García Barbón, Vigo (Pontevedra)

O caracol, Os soños na gaiola

Imaxe Blog colaborativo sobre Manuel  María

CPI Luís Díaz Moreno , Baralla (Lugo)

Blog colaborativo sobre Manuel María

Imaxe Moradías do vento

IES O Mosteirón, Sada (A Coruña)

Moradías do vento

Imaxe Manuel María – Letras Galegas 2016

CEP Campolongo (Pontevedra)

Manuel María – Letras Galegas 2016

Imaxe A fala

CEIP Campolongo, Campolongo (Pontevedra)

A fala

Imaxe Proposta con códigos QR para traballar a Manuel María

IES Santiago Basanta Silva, IES Lois Peña Novo, CEIP Insua Bermúdez, CEIP Manuel Mato Vizoso e EEI de Vilalba (Lugo)

Proposta con códigos QR para traballar a Manuel María

Imaxe Rap de Manuel María

CEIP Antonio Fernández López, Sarria (Lugo)

Rap de Manuel María

Formación

Outros recursos e iniciativas

Datas sinaladas

Imaxe Photocall da Lingua con Castelao e Rosalía

CPI Aurelio Marcelino Rey García, Cuntis (Pontevedra)

Photocall da Lingua con Castelao e Rosalía