LETRAS GALEGAS

2023 - Francisco Fernández del Riego

Escritor e editor incansable, un dos fundadores de Galaxia, presidente e renovador da Real Academia Galega e impulsor do Día das Letras Galegas, foi sempre un home ponte entre xeracións, ideoloxías e entre a Galicia de aquén e de alén mar.

Francisco Fernández del Riego nace en Vilanova de Lourenzá (Lugo) o 7 de xaneiro de 1913. É o primeiro dos 11 fillos e fillas dunha familia de comerciantes.

Empeza os estudos na escola unitaria de Vilanova, prepara o bacharelato cos frades do mosteiro para examinarse por libre en Lugo (canda Cunqueiro) e despois ingresa no Colexio dos Escolapios, en Monforte de Lemos. Devorador de libros desde a infancia, xa entón empeza a publicar os primeiros escritos na revista escolar e no semanario Vallibria.

En 1930 marcha a Madrid e matricúlase en Dereito. Alí frecuenta bibliotecas, teatros e faladoiros, participa nas asembleas da Federación Universitaria Escolar (FUE) e abraza a causa do galeguismo. A lectura da Teoría do nacionalismo galego de Risco marcará a súa posición política. No verán de 1931, celebra en Lourenzá o Día de Galicia pronunciando un discurso e izando a bandeira galega no balcón do concello.

Ao ano seguinte, a familia trasládase a Compostela, onde el remata Dereito e inicia Filosofía e Letras. Nesa época defende a galeguización da Universidade, entra no Seminario de Estudos Galegos e colabora en Nós, A Nosa Terra e noutros xornais e revistas. Ingresa no Partido Galeguista e participa en mitins por toda Galicia, na constitución de Galeuzca e na campaña a prol do Estatuto de autonomía.

En 1934 empeza a dar clases na facultade de Dereito, mais co inicio da Guerra Civil inhabilítano para exercer. Tras un tempo agachado, incorpórase ao exército para salvar a vida.

Ao rematar a guerra, aséntase en Vigo, onde empeza a traballar no bufete de Valentín Paz-Andrade. Encárgase da revista Industrias Pesqueras e dá clases de forma extraoficial nos colexios Mezquita e Labor. En 1940, casa con Evelina Hervella.

En 1942, con Enrique Peinador e Gómez Román, tenta reorganizar o Partido Galeguista na clandestinidade, pero a detención de Ramón Piñeiro en 1946 supón un parón para as súas pretensións políticas e céntrase en actividades culturais. O réxime franquista fai que vaia preso en dúas ocasións, en 1947 e en 1954.

En 1949 publica Cos ollos do noso esprito na capital arxentina, comeza a exercer como correspondente do Centro Galego de Buenos Aires, coordina a maioría dos programas semanais en galego da BBC de Londres e colabora co xornal La Noche. Con Illa Couto pon en marcha o seu suplemento cultural, prohibido pouco despois pola censura.

En 1950 participa de forma decisiva na fundación de Galaxia e faise imprescindible desde aquela no funcionamento da editorial, comprometida coa restauración cultural da posguerra.

En 1960, ingresa na Real Academia Galega; el será un dos promotores da instauración do Día das Letras Galegas —que se empeza a celebrar en 1963—. Ese mesmo ano comeza a dirixir, con Ramón Piñeiro, a revista Grial; desempeña tamén un papel fundamental na creación da Biblioteca Penzol, que recolle o legado do sobranceiro galeguista que lle dá nome, e participa na fundación na clandestinidade do Partido Socialista Galego.

Non hai unha iniciativa cultural da época en que non apareza o seu nome. Aínda así, dálle tempo a escribir: desde os anos trinta publica ensaios de temas culturais, manuais de historia da literatura galega, escolmas de poesía galega, antoloxías da literatura universal, un dicionario de escritores en lingua galega, un vocabulario castelán-galego, libros de viaxes e de memorias, epistolarios, varios relatos curtos e unha novela, alén de constantes colaboracións na prensa.

En 1997 é nomeado presidente da Real Academia Galega, cargo que desenvolverá ata 2001, e nese período consegue que se abra aos investigadores e se achegue á sociedade.

Dóalle á cidade de Vigo a súa biblioteca e a súa colección artística, custodiada desde entón na Casa Galega da Cultura, a sede da Fundación Penzol, da que é director e onde traballa acotío na última etapa da súa vida.

Na Cidade Olívica fina en 2010, con 97 anos de idade. En 2022, a Real Academia Galega acorda dedicarlle o Día das Letras Galegas 2023, un máis dos merecidos recoñecementos para alguén que traballou incansablemente polo noso país.

Documentos relacionados

  • Programación institucional Letras Galegas 2023 PDF

Exposicións

Actividades dinamizadoras nos centros

Imaxe Saca a lingua a pasear

CPR Fillas de María Inmaculada, Vigo (Pontevedra)

Saca a lingua a pasear

Imaxe Podcast Francisco Fernández del Riego

CPI Plurilingüe de Vedra, Vedra (A Coruña)

Podcast Francisco Fernández del Riego

Imaxe Legado Francisco Fernández del Riego. Unha galería de arte galega

CEIP Plurilingüe Frián-Teis, Vigo (Pontevedra)

Legado Francisco Fernández del Riego. Unha galería de arte galega

Imaxe Xogos das Letras Galegas 2023

CEIP Raquel Camacho, A Coruña (A Coruña)

Xogos das Letras Galegas 2023

Imaxe Podcast

CPR Plurilingüe Eduardo Pondal, Cangas (Pontevedra)

Podcast "Anecdotario de Francisco Fernández Del Riego"

Imaxe Del Regueifando

CPR Plurilingüe Eduardo Pondal, Cangas (Pontevedra)

Del Regueifando

Imaxe Letras Galegas 2023

IES Fin do Camiño, Fisterra (A Coruña)

Letras Galegas 2023

Imaxe #AMúsicaDasLetras23

IES Fontexería, Muros (A Coruña)

#AMúsicaDasLetras23

Imaxe Videoxogos sobre Francisco Fernández del Riego

IES A Cachada, Boiro (A Coruña)

Videoxogos sobre Francisco Fernández del Riego

Imaxe VI Certame Literario Veleiriña 2023

CEIP Veleiro-Docampo, Castro Riberas de Lea, Castro de Rei (Lugo)

VI Certame Literario Veleiriña 2023

Imaxe Videoclip

EEI A Marisma, Redondela (Pontevedra)

Videoclip "En galego"

Imaxe Palabra de don Paco del Riego

IES San Paio, Tui (Pontevedra)

Palabra de don Paco del Riego

Imaxe As lentes de don Paco

Seminario Galán (A Coruña)

As lentes de don Paco

Imaxe Un alfabeto para Don Paco

IES San Paio, Tui (Pontevedra)

Un alfabeto para Don Paco

Imaxe Sempre con Galicia

IES San Paio, Tui (Pontevedra)

Sempre con Galicia

Imaxe Francisco Fernández del Riego (biografía en pictogramas)

CEIP Plurilingüe Curros Enríquez, Celanova (Ourense)

Francisco Fernández del Riego (biografía en pictogramas)

Imaxe Concerto das Letras coas Nosas Músicas

CMUS Xan Viaño, Ferrol (A Coruña)

Concerto das Letras coas Nosas Músicas

Imaxe Remate da peregrinaxe en Santiago de Compostela

CEIP López Ferreiro, Santiago de Compostela (A Coruña)

Remate da peregrinaxe en Santiago de Compostela

Imaxe As letras das Letras

CEE María Mariño, A Coruña (A Coruña)

As letras das Letras

Imaxe Canción Día das Letras Galegas 2023. Francisco Fernández del Riego

CPR Plurilingüe Divina Pastora, Ourense (Ourense)

Canción Día das Letras Galegas 2023. Francisco Fernández del Riego

Imaxe Pasagalego de Fernández del Riego

CPR Fogar de Santa Margarida, A Coruña (A Coruña)

Pasagalego de Fernández del Riego

Imaxe Documental Don Paco, un dos nosos

CPR Miralba-Jesuitinas, Vigo (Pontevedra)

Documental Don Paco, un dos nosos

Imaxe Del Riego nas ondas. Radio escolar e intelixencia artificial

CEIP Plurilingüe A Ramallosa, Teo (A Coruña)

Del Riego nas ondas. Radio escolar e intelixencia artificial

Imaxe Videoclip

CEIP Plurilingüe do Carballal, Marín (Pontevedra)

Videoclip "Don Paco"

Imaxe A lingua materna de Don Paco del Riego

IES San Paio, Tui (Pontevedra)

A lingua materna de Don Paco del Riego

Imaxe Autodefinido Francisco Fernández del Riego

CPR Fogar de Santa Margarida, A Coruña (A Coruña)

Autodefinido Francisco Fernández del Riego

Imaxe Bandeirolas de Letras Galegas

CEE María Mariño, A Coruña (A Coruña)

Bandeirolas de Letras Galegas

Imaxe Olladas

CPI Dos Dices, Rois (A Coruña)

Olladas

Imaxe Pasapalabra de Francisco Fernández del Riego

IES de Vilalonga, Sanxenxo (Pontevedra)

Pasapalabra de Francisco Fernández del Riego

Imaxe Vídeo homenaxe a Francisco Fernández del Riego

CPR Plurilingüe San Pío X (Ourense)

Vídeo homenaxe a Francisco Fernández del Riego

Imaxe Bo Nadal

CEIP Plurilingüe de Sigüeiro, Oroso (A Coruña)

Bo Nadal

Imaxe Feliz ano novo

CEIP A Maía, Ames (A Coruña)

Feliz ano novo

Imaxe Fernández del Riego (1913-2010). Camiño (ben) andado

Escolas Católicas de Galicia (Ferega)

Fernández del Riego (1913-2010). Camiño (ben) andado

Imaxe Axenda 2022-23 Maxia ou ciencia?

CEIP de Ardán, Marín (Pontevedra)

Axenda 2022-23 Maxia ou ciencia?

Formación

Biografía