Obradoiro literario Letras Galegas 2026

Actividade do Centro de Estudos Galegos da Universidade de Granada.

Este obradoiro, impartido por Lara Fernández Martínez, lectora da Universidade de Estremadura, terá unha introdución sobre a figura e obra de Begoña Caamaño e as dúas obras narrativas que leu xa o alumnado (Morgana en Esmelle e Circe ou o pracer do Azul). Posteriormente, traballarase coa narrativa interactiva empregando a plataforma Twine, xerando novos "camiños" narrativos para as obras da autora traballadas na aula.

O taller terá lugar o luns 20 de abril ás 15.30 horas na Aula 20A da Facultade de Filosofía e Letras.

Documentos relacionados