LETRAS GALEGAS 2017

VI Certame de relatos breves Feiraco

Secretaría Xeral de Política Lingüjística e Feiraco Lácteos S.L.,  con motivo das Letras Galegas 2017, convocan unha nova edición do  Certame de relatos breves Feiraco.

VI Certame de relatos breves Feiraco
VI Certame de relatos breves Feiraco

Os relatos que se presenten ao certame deberán ter unha extensión máxima de 500 caracteres e comezar coas palabras "E alí estaba, sentado nun sillón azul...", coas que se quere honrar o autor que será homenaxeado o próximo 17 de maio, Carlos Casares, autor da novela Deus sentado nun sillón azul.

Haberá dúas categorías, unha xuvenil (para persoas que teñan entre 13 e 18 anos) e outra de adultos (para persoas de máis de 18 anos), con tres premios en cada unha. O concurso estará aberto entre o 21 de abril e o mércores 17 de maio.