LETRAS GALEGAS 2017

III Xornada do Día das Letras Galegas. Carlos Casares

A Secretaría Xeral de Política Lingüística organiza, en colaboración co Centro Autonómico de Formación e Innovación (CAFI), a III Xornada do Día das Letras Galegas, que terá como protagonista o autor homenaxeado este ano pola RAG, Carlos Casares Mouriño.

III Xornada do Día das Letras Galegas. Carlos Casares
III Xornada do Día das Letras Galegas. Carlos Casares

As sesións formativas desenvolveranse o día 6 de maio en horario de mañá e tarde no Liceo de Ourense, un lugar de especial relevancia na vida de Casares.

Na sesión de mañá, ademais da conferencia inaugural, que impartirá Víctor Freixanes, o novo presidente da Real Academia Galega, haberá relatorios de M.ª del Mar Fernández, Armando Requeixo, Héctor Cajaraville, Laura Piñeiro, Alfonso Monxardín e outros especialistas. A tarde estará destinada á presentación de experiencias dos centros educativos, entre ellas as dos centros gañadores do Concurso- Exposición das Letras Galegas 2017.

O obxectivo fundamental desta iniciativa é achegarlle a figura de Carlos Casares a toda comunidade educativa e, alén diso, propiciar no seu seo o intercambio de materiais, recursos e experiencias creados e desenvolvidos polos equipos de dinamización da lingua galega.

O profesorado interesado en participar pode inscribirse ata o 27 de abril de 2017 en: https://www.edu.xunta.es/fprofe/.
 

Documentos relacionados