FALAREDES 2022

Tras os vieiros de Florencio

Tras os vieiros de Florencio. Detalle do cartel
Tras os vieiros de Florencio. Detalle do cartel

FalaRedes 2022 ábrese cunha peza teatral da compañía Fantoches Baj que mostra a traxectoria, a obra e mais a poética do autor homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas: Florencio Delgado Gurriarán.

Este espectáculo de teatro de obxectos dirixido preferentemente a público adolescente e adulto parte dun documento excepcional sobre a vida do poeta valdeorrés, que é a longa entrevista que el lle concedeu a Dolores Pla en Agosto de 1979 na súa casa de Guadalaxara (México) para o Archivo de la Palabra. Os textos desta entrevista mestúranse en Tras os vieiros de Florencio cos poemas do autor, os cales xiran arredor de tres eixes: poesía galeguista, poesía festiva e paisaxística e poesía intimista.

No espectáculo ten moita importancia a banda sonora, creada a partir de temas tradicionais que gravou o guitarrista Antonio Bravo, especialista no Cancionero gallego de Bal y Gay.

SINOPSE

Na década dos 60, logo duns días exercendo de visitador farmacéutico pola contorna de Guadalaxara, Florencio D. Gurriarán chega á casa canso, cheo de sede e cargado co seu maletín. Ante a presenza inesperada dos espectadores describe o seu día a día de axente comercial pola rexión. Pouco a pouco, axudándose dos elementos que leva no maletín e embargado pola saudade, van aflorando as lembranzas do seu Córgomo natal, a guerra, a chegada ao seu país de acollida e algúns momentos festivos.

Tras os Vieiros de Florencio estará en abril e maio na Mancomunidade de Ordes e en 8 concellos da Rede de Dinamización Lingüística: Burela, Vilalba, O Carballiño, Xinzo de Limia, O Barco de Valdeorras, A Estrada, Sanxenxo e Lalín.

 

       Axenda de FalaRedes 2022. Tras os Vieiros de Florencio
Data e hora  Lugar  Concello  Provincia
17 de abril, ás 18h  Auditorio Municipal Vilalba  Lugo
23 de abril, 21:30h  Auditorio Emilia Pardo Bazán Sanxenxo  Pontevedra
6 de maio, ás 20.30h  Salón Teatro Lalín Pontevedra
7 de maio, ás 20h  Museo do Traxe de Ordes Ordes (Coa colaboración da Mancomunidade de Municipios da Comarca de Ordes)  A Coruña
8 de maio, 20h  Auditorio Manuel María O Carballiño Ourense
15 de maio, 19h  Casa da Cultura Burela Lugo
16 de maio, 19h  Teatro A Estrada Pontevedra
17 de maio, 20h Teatro Lauro Olmo O Barco de Valdeorras Ourense
21 de maio, 20:00 h Casa da Cultura Xinzo de Limia Ourense

Documentos relacionados