Concurso Escolar de Poesía Rosalía de Castro

A Fundación Rosalía de Castro, a Secretaría Xeral da Lingua e El Corte Inglés, convocan a VIII edición do Concurso Escolar de Poesía Rosalía de Castro, unha iniciativa que ten como obxectivo fomentar a creación poética en lingua galega e achegarlles ás novas xeracións a figura da autora máis universal das nosas letras.

 

O concurso está aberto ao alumnado matriculado durante o curso 2026-2027 en centros educativos da Comunidade Autónoma de Galicia e contempla tres categorías: terceiro ciclo de Educación Primaria (5º e 6º cursos), primeiro ciclo de ESO (1º e 2º) e segundo ciclo de ESO (3º e 4º). As obras deberán ser orixinais, inéditas e estar escritas en lingua galega.

A convocatoria establece un primeiro premio e dous accésits por cada categoría, dotados con tarxetas agasallo de El Corte Inglés.

O prazo de recepción dos traballos permanecerá aberto ata o 15 de xaneiro de 2027. Para participar, os traballos poderán remitirse aos departamentos de Comunicación de calquera dos centros de El Corte Inglés en Galicia e tamén poderán entregarse persoalmente nas súas librarías.

Documentos relacionados

Ligazóns relacionadas