A vosa opinión

Resolución do sorteo

Xa está resolto o sorteo de agasallos entre os participantes neste espazo de opinión. Os gañadores dos lotes de produtos de lecer son:

  • Vanesa Ribao Garrido
  • María Jesús Queimaliños Casás
  • Banesa Currás Chapela
  • Marta López Méndez
  • Mar Varela Taibo
  • María Iglesias Regueira
  • Carmen Mendaña Vázquez
  • Almudena Dorribo
  • Laura Besada
  • Sabela García
  • Lea Pérez de Lis Pérez
  • Lucía e Juan Buján Barros
  • Manuel Bouzán López
  • Olga Ríos García

Grazas a todos por participardes.

As vosas opinións...

Ourense

  • Xa fomos varios anos a ver o espectáculo e, cada ano que pasa, sorpréndeme ver a cara de entusiasmo e de aparvamento coa que os meus fillos atenden a toda a actuación. Incluso a min, como adulta, nunca deixa de sorprenderme. Este ano, coa música ao vivo e os xogos de luces... foi marabilloso. Xa non teño claro se vou por eles ou por min...
  • Encantounos e a peque desfrutou un montón coa posta en escena (sobre todo a Lúa: estaba constantemente mirando se volvía aparecer), coa música en directo, cos actores e con Rita, a gata...
  • Gustoulles moito ás dúas pequenas.

Burela

  • Antía desfrutou moito. A escenografía era chulísima e os actores, uns grandes profesionais. Mágoa que quedase xente fóra, que non reservara previamente.

Ferrol

  • É moi dificil atopar algo tan sinxelo, doce e motivador para os nenos de hoxe en día. A miña filla, que é moi tímida, namorouse dos actores e do espectáculo nun minuto, pois fixéronnos sentir coma na casa dende o primeiro momento.

Xinzo de Limia

  • Sorprendeunos que, a pesar de ser tan pequeniño, Daniel quedou encantado cos Axóuxeres. Seguía o ritmo da música, daba palmas, ría... gustoulle moito o espectáculo. Seguide facendo encontros coma estes: só verlle a cara que poñen é unha marabilla. Considerámola unha actividade super positiva e nós recomendámoslla sempre a todos os papás, que leven os pequechos que lles ha de gustar ben.
  • Grazas por este espectáculo tan bonito e entretido. Unha actuación pensada para que os máis pequenos desfruten (e os non tan pequenos tamén!). Todo o que se pode dicir da actuación son cousas boas: o decorado tan elaborado impresionou os nenos e maiores; a gata Rita, moi divertida, chamoulles moitísimo a atención; a lúa deixounos pasmados; a música en directo acompañando todo o espectáculo; os actores magníficos. O meu pequeno non deixou de falar da actuación durante todo o día e hoxe só quería ir ao cole a contarlles a todos o que vira.

O Pereiro de Aguiar

  • Moi ben,gustoulle moito ao meu nene. O ano que vén repetiremos se podemos. Un saudiño.
  • Foi a primeira vez que Sara asistiu a unha actividade e veu encantada. Fíxoselle moi curto. Encantoulle.
  • Encantaounos a actividade, a pena é non poder contar con actividades coma estas máis a miudo. Foi sorprendente ver como tanto os pais coma os nenos estabamos caladiños e atentos.
  • Dende o principio o neno sentouse en primeria fila e estuvo todo atento. Todos os nenos estaban atentísimos e pasárono moi ben. Axuda que estea acompañado de tanta música, algo moi imortante para estas idades tan pequerrechas

Moaña

  • Gustounos moito. O meu fillo alucinaba con todo o que sucedia no escenario: as casas coas luces, as cancións, a gata Rita... Unha experiencia moi bonita.
  • Moi entretido e animado. Bailamos e aplaudimos coas cancións tan alegres e divertidas que traían.
  • Era a primeira vez que participabamos nunha actividade dos Axóuxeres e saímos encantados. O neno estaba abraiado. Gustaríanos que se fixesen máis iniciativas deste tipo.
  • Moi positiva. Entretido e ameno.
  • A obra encantoume, está moi ben pensada para os cativos da casa e a posta en escea é excelente. Os actores e os músicos son fantásticos. En resumo, tanto o meu neno coma eu gozamos moitísimo con ela. O único aspecto negativo que destacaría é en termos organizativos. Se se trata dun evento para familias entón debería estar permitida a asistencia da unidade familiar (pai e nai ou calquera outra combinación). Comprendo que o aforo é limitado pero, en todo caso, se se pon ese límite a un só proxenitor por neno entón debería cumprirse e non permitir o acceso de dous pais para aquela xente que é moi descarada e se presentan os dous para asitir ao evento. Eu respectei as normas e asistín soa co meu fillo, e molestoume moito ver que outros pais lle botaron morro e puideron entrar os dous. As normas son para todos ou para ninguén. Aparte diso, parabéns por un evento excelente, entretido e de moita calidade que ademais axuda a fomentar a normalización da nosa lingua coas futuras xeracións.
  • Estiveron as dúas cativas todas quietiñas e moi atentas. Gustoulles moito. A máis vella dixo que lle encantaran as cancións e os ruídos que acompañaban, a cativa máis pequena estaba toda atenta ás cores e aos ruídos.
  • Pasamos un anaquiño moi entretido en familia (mamá, papá e as mellizas). Aos catro nos encantou a actuación de Caramuxo Teatro, tanto por parte dos músicos como dos actores, que contaron unha historia moi bonita (que casiñas máis bonitiñas...) e que foron quen de encandilar a todas as nenas e nenos da sala (e tamén aos/ás maiores...). Parabéns para todos eles polo seu ben facer e parabéns tamén aos organizadores por achegarnos este precioso espectáculo!!!
  • Unha actuación marabillosa de Caramuxo Teatro onde pequenos e maiores pasamos un anaquiño moi divertido cos músicos, os actores, a lúa, as casiñas e a gatiña Rita. A representación de todos eles foi excelente e souberon encandilar as nosas pequenas mentres bailaban e tocaban as palmas! Elas son pequenas para contar con palabras a súa experiencia pero nós damos fe de que estaban encantadas.
  • Parabéns para Caramuxo Teatro por facernos pasar un ratiño precioso e tamén parabéns para os organizadores. Grazas por achegar a música e as historias á xente miúda!!!
  • Moi amena e educativa.

 Redondela

  • Encantounos. O neno de dous anos é moi inquieto, pero estivo atento e alucinou co espectáculo. Nin artiulou nin se moveu ata que rematou a función. Moi ben montado e o aforo axeitado para que os nenos non perdesen detalle. Queremos volver a repetir.
  • Sarela con tan só 9 meses é unha nena moi inqueda e curiosa. Cando entramos no salón non podía deixar de mirar para o escenario e seguir tódolos movemementos que se producían. Pero sen dúbida do que máis gozou foi da música e das cancións.
  • Penso que é un espectáculo moi axeitado para as primeiras idades porque os entreten e se, ó mesmo tempo serve para que os nenos falen e respecten a nosa lingua, xenial.
  • Este ano a experiencia foi moi distinta por varios motivos: primeiro e principal, que deixou de ser un evento familiar para ser algo para nen@+1adulto, co cal no meu caso tiven que esperar fora habendo espacio de sobra no auditorio para todos. Por outra banda convertiuse nuha obra de teatro co que para min perdeu o espíritu dos axouxeres. Non critico á compañía de teatro que para min son do mellorciño que temos, senón ó plantexamento da organización.
  • O espectáculo en sí gustounos moito tanto a nena coma a min, estivo moi atenta e contábame de cando en cando o que ía ocorrendo.
  • O que seguimos sen comprerder, e maís aínda despois de asistir, é por que non entrou tamén o pai habendo sitio dabondo para que entrasen todos, deixas pasar primero os nenos con un dos adultos para que senten máis adiante e logo deixas entrar o resto de acompañantes que ocupen as cadeiras que queden libres. NON ME GUSTA TER QUE FACER RECORTES NA MIÑA FAMILIA PARA PODER VER UN ESPECTÁCULO.
  •  A combinación da música coas artes escénicas, así como a lingua galega adapatada para os pequechos foi realmente excelente. Tamén as cantigas e a implicación dos actores foi magnífica. Os nenos pasárono estupendamente.
  •  Foi moi divertido, sobre todo porque a sensación era que a nena, malia ter tan só 13 meses, estaba a gozar do espectáculo. De feito, estivo todo o tempo atenta ao escenario, aos actores e á música. Tamén foi divertido para min porque, aínda que se trata dun espectáculo para nenos tan pequerrechos, penso que é moi entretido para o público adulto.
  • A pesar de que esperábamos disfrutar con Lúa, Antón, Iria, Xan, Pelouro, Moncho e Roi, atopamos unha obra realmente entretida e didáctica.
  • Espectáculo acertado para as idades que recomendan. Música e sons en directo do dez. Ambiente relaxado para toda a familia. Grazas!

 Arteixo

  • Coma o ano pasado, inesquecible. Só espero que con isto dos recortes se poida repetir, porque ver a cara do teu fillo mentres estades a actuar, coma di o anuncio, non ten prezo!!! e para ser totalmente sincera, eu creo que os maiores o pasamos case mellor ca eles.
  • Conseguir que un grupo de nenos tan amplo coma o que alí había estivesen sen falar, sen moverse, sen parpadear (e particularmente o meu Elías que é un terremoto), creo que é un motivo máis que suficiente para que se repita, ou non?
  • Unha pega si que hai... non todo podía ser bo... fixosenos moooiii curtiño!!! Cando as cousas se fan por vocación e con verdadeira ilusión sempre se fan pequeniñas!! Grazas por facer que os nosos pequenos descubran a "Maxia do Teatro". Bicos!!!

 Ribeira

  • Que un espectáculo faga que un neno de pouco máis dun ano non deixe de prestar atención durante unha media hora é digno de eloxio. A escenografía sinxela pero eficaz, a música excelente... e que aínda por encima sexa en galego e de balde, pouco máis podo dicir. Agardo que voltemos o seguinte ano.
  • Resultou un encontro cos Axóuxeres moi entretidiño. Nunca vira o meu fillo tan atento neste tipo de representacións. Nin pestanexaba. Ó final da actuación non se cansaba de aplaudir e quixo, por suposto, aloumiñar a Rita.
  • Foi un experiencia xenial, os meus nenos estaban atentísimos e caladiños, un pouco tímidos ó principio, pero logo xa se foron soltando, desfrutando do espectáculo. O que máis me sorprendeu foi o atentos que estaban, non perderon detalle. Encantoulles. E a duración é perfecta para nenos desas edades.
  • Foi incrible ver como o meu fillo, que ten un ano, pasou toda a función cos ollos arregalados, bailando e batendo palmas sen parar. A posta en escena e a música están totalmente adaptadas ó espectáculo para que os nenos non poidan deixar de desfrutar.
  • Saímos encantados, os dous.

 Boiro

  • Foi unha experiencia ben bonita e moi positiva. Teño un bebé de 11 meses e, con tan curta idade, pensei que quizais non interactuase ben coa representación. A miña sorpresa foi que, a pesar d ser un neno moi inquieto, estivo toda a actuación entusiasmado, cos ollos moi abertos e sen pestanexar. Desfrutamos os dous moitísimo, da música ao vivo das luces e cores no escenario, da gata Rita e da posta en escena. O único pesar é que o papá non puidera desfrutar tanto coma nós.

 Teo

  • Foi delicioso, extremadamente delicado. O neno non saía do asombro e sobre todo enterouse da actuación de principio a fin, pois os tempos de pausa da mesma permitían que os cativos fixasen máis a atención. O meu fillo aínda se lembra hoxe das casas e da gata, por suposto. A min pareceume unha actuación moi bela, sutil e perfectamente coordinada.
  • En hora boa por este ano e felicidades a eses grandes artistas que temos nesta terra.
  • Unha tarde máxica na que os cativos gozaron coas cancións e co xogo de luces.
  • Era o primeiro espectáculo ao que acudía co meu pequeno e pensei que non aguantaría e teriamos que saír rápido; porén protestaba se vía desaparecer os personaxes (cando se metían na casiña), riu, saltou e bailou coma nunca.
  • Foi moi emocionante para el e para min o velo tan entusiasmado. Por momentos ata lle caía a baba!!!
  • Grazas a todos os que facedes posibles estes encontros!!!

Mos

  • Xenial, un espectáculo moi visual, fácil de ver e de sentir.
  • Gustounos moito: a posta en escena coa chegada das casiñas, a iluminación, os sons e a música que acompañaban a historia... Moi coidados todos os detalles! Gustounos máis ca a edición anterior.
  • Por comentar unha pega dicir que a pesar de ser de Vigo; é dicir, nas inmediacións de Mos, custounos moito atopar o "Multiúsos".
  • Graciñas e ata a vindeira ocasión. Bea e Saúl (nai e pai de Noa e Ada)
  • Fumos por primera vez e encantounos
  • Moi boa posta en escena e conexión cos activos a través da música en directo.
  • Esta é a nosa terceira experiencia e, coma sempre, encantounos: as cancións, as casiñas ( a ver se papá nos fai unha)... As dúas nenas desfrutaron moitísimo, a pequena bailaba e a máis vella le o libro coas cancións.O primeiro ano en Vigo, o segundo fomos a Santiago, o ano pasado perdémolo... Seguide así! O que se perderon os que foron aos Cantajuegos, eu non vos cambio por eles! Grazas. María,Noa e Carla.

Vilalba

  • Pasámolo moi ben. As nosas pequenas de 5 e case dous anos pasárono xenial e esperamos que continuedes e aumentedes a oferta, sobre todo en vilas coma esta, un pouco esquecidas en toda clase de actividades.
  • Pasámolo moi ben. Á nosa pequena encántalle a música e esta é unha moi boa oportunidade para poder gozar dela. A posta en escena dos Axóuxeres 2013 é excelente. Quizais o que botamos en falta é máis oferta en máis vilas, posto que nós tivemos que desplazarnos bastantes quilómetros para poder disfrutar da función. Moitas grazas e ata o próximo ano!!!!!
  •  Relaxante, dóce, didáctica, un gran traballo en equipo. Mi ben en todos os aspectos.

 O Porriño

  • Era a primeira vez que asisitiamos a un espectáculo así (algúns contacontos e actividades deste tipo) e iamos expectantes polo que nos iamos atopar. Encantounos. É un espectáculo ben pensado que gaña moitísimo coa música en directo. Para o meu fillo, sen dúbida, o mellor foi a lúa: ata tivemos que ir vela ao acabar a obra! Repetiremos!
  • Pareceume un encontro agradable e un logro artístico, dende a ambientación, concepto da obra ata a escenografía ou a interpretación. Se, ó final, a miña filla, coma min, desfruta como así o fixo, o obxectivo está máis que conseguido. Un pracer.
  • Só podo dicir que os ollos dos meus fillos non se pecharon nin un segundo. É incrible ver como quedan abraidos durante case 45 min. Moitas grazas de corazón a quen fai posibles estes momentos de plena alegría para os nosos nenos e para os pais tamén. E sobre todo a estes grandes grandes artistas. Grazas.
  • Estivo moi ben, una mágoa que non deixásedes vir ao papá porque había sitio de sobra.
  • Penso que o neno podería ir acompañado de dúas persoas pero pasouno ben e encantoulle Rita.

Pontedeume

  • Foi un espectáculo fermoso. non había moito sitio e tiven que deixar o pequeno por primeira vez sÓ no chan. Eu estaba a pouca distancia vendo o que facía: nin se moveu en todo o espectáculo, estaba encantado. Cando lle preguntamos que lle parecera dixo: foi un concerto boniiito, boniiito,boniiito.
  • Resultou un espectáculo moi ameno, que lle gustou moito á pequena. Desde o primeiro momento a unión de música e teatro enganchou aos peques. A simplicidade non está reñida coa calidade, como ben puidemos comprobar neste espectáculo para nen@s. Debería haber máis oferta para estas franxas de idade tan curtas, pois soen ser as grandes olvidadas das compañías teatrais pois, como sabemos, serán os espectadores do futuro. Todo un acerto, que esperemos teña continuidade en anos vindeiros.
  • Fantastica, encantoulle! Un 10.  

Vilagarcía de Arousa

  • Foi unha marabilla. Aínda que pensamos que con máis tempo ía gozar máis, desfrutouno moitísimo, sorrindo sempre e nun momento comezou coas gargalladas. Roi repite seguro.
  • Foi unha experiencia absolutamente fantástica. Era a primeira función para o noso pequeno, que cumpría 10 meses, e foi un regalo para os seus pais ver o ben que o pasou. Moitas grazas pola iniciativa e seguide así. :-)
  • Foi unha experiencia moi grata, pois o neno pasouno moi ben e ao haber música divirteuse moito. O do gato fíxolle moita graza, pois pensaba que era de verdade. É unha obra moi boa para nenos pequenos.
  • Encantoulle, especialmente a gata Rita. Estivo falando dela varios días.
  • Encantounos!!!!!! A pequena estaba pasmada mirando sen pestanexar e a máis vella, pois... saíu encantada. Á parte diso somos fans nº 1 de Caramuxo e, como sempre, non defraudan. Parabéns a todos porque estivon... xenial, non,o seguinte!!!!
  • Moi boa. O neno ao principio estaba un pouco inquedo e non quería entrar na sala. Ao remate do encontro estaba feliz e non quería saír. Bailou moito e estivo tan entretido que había momentos en que non se movía nin un chisco.
  • O encontro pareceume moi imaxinativo e divertido para os nenos. É unha iniciativa moi boa, xa que hai moi poucos espectáculos para nenos tan pequenos. Unha experiencia moi positiva.
  • Encantounos o espectáculo, coma sempre. A nena estivo moi atenta e fartouse de bailar. 

O Grove

  • Encantounos a actuación de Casiñas de Caramuxo Teatro !!!!!
  • Espectacular. Era a primeira actuación á que iamos con Xiana, a nosa filla de 7 meses, e matívose durante toda a actuación expectante. Creo que lle chamaron moitísimo a atención o decorado e a música, pero tamén as interpretacións e as cancións. Impresionante e moi satisfeitos co resultado. Parece incrible que puidesen manter a atención de nenos tan pequenos durante todo ese tempo.
  • Experiencia gratificante para o neno que desfrutaba coa interacción dos actores, pero sobre todo coa música.
  • O meu fillo desfrutou moito. O que máis lle chamou a atención foi cando se abriu o tellado para poder ver as estrelas e a lúa. Ese mesmo día pola noite ao ir durmir non paraba de falar diso e mais de Rita. Estou moi agradecido por que se fagan este tipo de eventos enfocados a nenos tan pequenos. Con moitas ganas de máis!!!

 Silleda

  • Un espectáculo moi profesional, con música en vivo, con moitos detalles e moi coidados. Un conto fermoso e moi ben contado e cantado. Pasamos unha mañá moi agradable en compañía doutros nenos. Con moitas ganas de voltar a ver outro espectáculo coma este. Moitas gracias.
  • Divertida, educativa, emocionante.

 A Estrada

  • Relaxante,enriqecedora e moi completa para os nenos aos que vai dirixida: teatro, música en directo, bonecos, expresión oral, música suave sen tons altos que molesten.... moi ben.
  • Pasouno moi ben, estivo os 35 minutos coa boca aberta. Ao saír preguntou cando habería "máis axóuxeres".
  • Era a primeira vez que asistía a un espectáculo de teatro e parece que lle gustou moitísimo. Aplaudiu en todas as cancións.
  • Encantounos a obra, decorados, ambientación... Especialmente destacaría a música en directo, fai que sexa unha experiencia máis completa. O neno estivo alucinado durante todo o tempo que dura o espectáculo. Non houbo nada negativo.
  • Á nena gustoulle moito o espectáculo, estivo todo o tempo moi atenta, aínda que non interactuaba moito (estaba demasiado pampa mirando).
  • Ao seu pai encantoulle, pareceulle unha posta en escena moi coidada na que se vía grande sensibilidade.
  • Lamentamos que non haxa máis representacións para que os nenos que nós coñecemos que quedaron fóra poidan gozar como o fixo Lu.

 Santiago

  • Fermoso espectáculo. A pequena, de dous anos, desfrutou moito coas cancións, pero especialmente coa Gata Rita, da que aínda se lembra. E como nai, pois agradecín asistir a unha obra ben pensada e acorde á idade do público. Encantoume a transformación da pequena aldea en cidade, e sobre todo o cálido ambiente conseguido co agarimo dos actores, a súa voz calma, a música preciosa en directo, e as cores do vestiario e o escenario… Noraboa!
  • Quedamos encantados, sentimos moita proximidade cos actores.
  • O meu pequerrecho é moitas cousas... unha delas é medoño. Comenzamos a ir ó teatro dende bebé. Aínda lle custa entrar... pero dentro senta coma un maior e está tan atento ás historias cunha expresión de trascendencia na súa cariña inocente que preocupa que poida estar a pasalo mal. Non deixa que lle fales, non sabes se lle gusta, se entende algo...e pasados uns días comenza a falar do que viu.
  • É o primeiro ano que acudimos aos Axóuxeres, pero non é a primeira vez que vemos ese grupo... pareceunos un espectáculo profesional, completo (coa música en directo)... Só temos boas palabras para el. Xa lle contei a todas as mamás que coñezo que foi a mellor obra de teatro á que fun. O pequeno aínda non di nada... pero xoga coa súa caixa de cartón convertida en casa.
  • Era a primeira vez que íbamos e a verdade que nos gustou moito. Nazaret pasouno en grande, o que máis lle gustou foi Rita, por suposto, e a música, que estaba moi ben compaxinada. Con ganas de repetir.