-
O galego... promovelo
- Rede de Dinamización Lingüística
-
Equipos de Dinamización da Lingua Galega
- Todos os recursos
- Recursos didácticos
- Publicacións
- Audiovisuais e música
- Blogs e recursos na rede
- Iniciativas de dinamización
- Datas sinaladas
- Día das Letras Galegas
- Infantil e primaria
- Secundaria e bachalerato
- Formación profesional
- NEAE
- Ensinanzas de réxime especial
- Proxecto lingüístico do centro
- Proxectos de innovación en dinamización lingüística
- Comparte a túa iniciativa dinamizadora
- Programas
- Tamén che interesa
- Convocatorias e formación
- Memorias
- Outras iniciativas de promoción
- Programas
- Conmemoracións
- Recursos
- Convocatorias
-
O galego...
Promovelo
-
- Todos os recursos
- Recursos didácticos
- Publicacións
- Audiovisuais e música
- Blogs e recursos na rede
- Iniciativas de dinamización
- Datas sinaladas
- Día das Letras Galegas
- Infantil e primaria
- Secundaria e bachalerato
- + Formación profesional
- NEAE
- Ensinanzas de réxime especial
- Proxecto lingüístico do centro
- Proxectos de innovación en dinamización lingüística
- Comparte a túa iniciativa dinamizadora
- Programas
- Tamén che interesa
- Convocatorias e formación
- Memorias
#ACULTURASEGUE
Onde están as mulleres da cultura?
Ciclo de relatorios celebrado en Muros en que se presentaron experiencias motivadoras de mulleres que traballan no eido cultural e que queren promover o debate sobre o traballo e o éxito da muller neste ámbito e mais os desafíos aos que se enfronta en época de pandemia.
Xornada 1 - Nesta primeira xornada ponse de manifesto a necesidade tanto material como espiritual da cultura, especialmente nestes tempos, así como a importancia de visibilizar a figura da muller neste eido na procura dunha igualdade que aínda non se alcanzou. Participan cos seus relatorios a baterista Paula Rego, a directora de cine Olga Osorio e a artista Lula Goce.
Xornada 2 - Nesta segunda e última xornada, que comeza cun recordatorio do bonito pero tamén difícil que pode ser dedicarse ao que a un lle gusta e máis sendo muller, participan cos seus relatorios a actriz e guionista Iria Pinheiro, a artista e docente Carmen Senande e a escritora Eli Ríos.
Relatorio Paula Rego – Paula é a batería do grupo de rock Agoraphobia, que formou xunto con outras tres compañeiras de Boiro. Cunha exitosa traxectoria profesional que as levou a tocar mesmo fóra de Europa, esta artista comparte as experiencias que experimentou ao longo da súa carreira profesional ata chegar a vivir do seu soño.
Relatorio Olga Osorio – Esta directora, guionista, produtora, xornalista e tamén profesora xa viviu o éxito nalgúns dos festivais máis prestixiosos do mundo coas súas curtas e acumula varios premios cos seus videoclips, entre eles o Mestre Mateo. Nesta xornada comparte a súa peripecia vital e artística chea de momentos destacados.
Relatorio Lula Goce – Esta baionesa licenciada en belas artes e especializada en pintura cambiou rápido as galerías de arte polos muros das cidades, onde as súas obras se integran co contorno urbano. O seu talento excede os lindes de Galicia, de España e mesmo de Europa e foi exposto en varios festivais de renome. Hoxe cóntanos quen é e como chegou ata aquí.
Relatorio Iria Pinheiro – Presentadora, guionista, actriz, cabareteira, cantante, compositora, poeta e empresaria. Esta ourensá, que conta cunha dilatada experiencia en teatro, cine e televisión, comparte a historia da súa carreira, na que tamén houbo momentos difíciles que a fixeron máis valente.
Relatorio Carmen Senande – Desde ben pequena esta galega de Muros sempre soubo que quería ser artista. Hoxe, Carmen Senande compaxina a arte, grazas á que obtivo diversos premios e mencións tanto en escultura coma en pintura, coa docencia. Nesta xornada cóntanos como conciliou a súa vida familiar, a súa profesión e a súa paixón, a arte.
Relatorio Eli Ríos – Escritora galega nada en Londres medrou pensando que só os homes escribían. Hoxe non só é unha referente da literatura, senón tamén do feminismo galego. Cunha boa colleita de premios ás súas costas, como o premio Torrente Ballester, cóntanos como busca mediante a súa escrita revisar os referentes literarios que coñecemos desde nenas.