FALAREDES 2021

Fábula galénica

Fabula galénica. Detalle do cartel
Fabula galénica. Detalle do cartel

A compañía Fantoches Baj recala unha vez máis no programa de dinamización lingüística FalaRedes para ofrecernos esta peza que foi galardoada co VIII Premio Barriga Verde de textos para teatro de monicreques na súa modalidade infantil.

Narrada coma se dun programa de teatro radiofónico se tratase, e interpretada dentro dunha preciosa radio de galena antiga, conta como unha poboación ve reducidos os seus recursos por mor do rei don Cardo. Isto obriga o burro da tía Lola xunto coa raposa, o lobo e o regato a organizárense na súa loita contra o monarca para recuperaren a vida da fraga e a súa contorna. Os rapaces e rapazas rapidamente empatizan cos animais poñéndose do seu lado. A través deles, os pequenos perciben, dunha forma divertida, a importancia do respecto polo medio natural, da amizade e da honradez, valores necesarios fronte a unha sociedade que actúa de xeito egoísta e baixo o dominio do consumismo.

Fábula galénica está dirixida a nenos e nenas a partir dos 6 anos, a quen lles ofrece unha metáfora da vida e das relacións humanas. Da man do FalaRedes, chegará este verán a 4 entidades da Rede de Dinamización Lingüística: Teo, Sober, O Carballiño e a Fundación Eduardo Pondal.

 

       Axenda de FalaRedes 2021. A máquina do tempo
Data e hora  Lugar  Concello  Provincia
Sábado 7 de agosto, ás 19:00 horas Piscinas municipais Sober  Lugo
Sábado 4 de setembro, ás 18:00 horas Fundación Eduardo Pondal  Ponteceso  A Coruña
Sábado 18 de setembro, ás 19:00 horas Mediateca do Grilo Teo  A Coruña

Sábado 18 de setembro, ás 11:30 horas

Praza da Veracruz  O Carballiño  Ourense

 

Documentos relacionados