FALAREDES 2021

Language Planning

Language Planning. Detalle do cartel
Language Planning. Detalle do cartel

A compañía teatral os Quinquilláns trae este outono á Rede de Dinamización Lingüística o espectáculo Language Planning.

Trátase dunha comedia retranqueira destinada a público de máis de 9 anos que foi creada a partir dalgúns dos relatos de Made in Galiza de Séchu Sende para reflexionar sobre a situación da lingua galega.

Da man do programa de dinamización lingüística FalaRedes Language Planning fará parada nos concellos de Ames, Abegondo, Guitiriz, Xinzo de Limia e Caldas de Reis.

 

       Axenda de FalaRedes 2021. Language Planning
Data e hora  Lugar  Concello  Provincia
Sábado 2 de outubro, ás 19:00 horas Auditorio da Casa da Cultura  Xinzo de Limia  Ourense
Venres 8 de outubro, ás 20:30 horas Auditorio do Milladoiro  Ames  A Coruña
Domingo 10 de outubro, ás 19:00 horas Auditorio municipal  Caldas de Reis  Pontevedra
Domingo 17 de outubro, ás 18:00 horas Centro Cultural O Salón  Abegondo  A Coruña
Sábado 23 de outubro, ás 18:30 horas Casa Habanera  Guitiriz  Lugo

 

Documentos relacionados