FALAREDES 2021

A pluma viva de Rosalía

A pluma viva de Rosalía. Detalle do cartel
A pluma viva de Rosalía. Detalle do cartel

Os Quinquilláns recuncan no FalaRedes cunha homenaxe á nosa escritora máis universal: Rosalía de Castro.

A pluma viva de Rosalía, para todos os públicos a partir de 9 anos, está baseada nun feito real de censura a un texto da autora de Follas novas. Arranca coa visita sorpresa de Rosalía de Castro á imprenta de Soto e Freire, que acaba de ser atacada por un grupo de 200 seminaristas contrarios á publicación do artigo “El Codio”. A peza pon en valor a escritora e a súa defensa da nosa cultura, do noso idioma, da xustiza social, da liberdade e da igualdade entre mulleres e homes.

Este espectáculo teatral poderá verse desde finais de outubro nas seguintes entidades da Rede de Dinamización Lingüística: Negreira, O Rosal, Malpica, GDR Terras de Compostela e Fundación Pazo de Mos.

 

       Axenda de FalaRedes 2021. A pluma viva de Rosalía
Data e hora  Lugar  Concello  Provincia
Venres 5 de novembro, ás 20:30 horas Auditorio Municipal  Negreira  A Coruña
Domingo 7 de novembro, ás 18:30 horas Auditorio Fundación Pazo de Mos  Fundación Pazo de Mos Pontevedra
Venres 26 de novembro, ás 20:30 horas Auditorio Centro Cívico  Malpica de Bergantiños  A Coruña
Sábado 27 de novembro, ás 20:30 horas Auditorio do Milladoiro (Ames)  Asoc. Terras de Compostela  A Coruña
Domingo 28 de novembro, ás 19:00 horas  Auditorio Municipal  O Rosal  Pontevedra

 

Documentos relacionados