FALAREDES 2021

Os Bolechas fan o Camiño Marciano

Os Bolechas fan o Camiño Marciano
Os Bolechas fan o Camiño Marciano

Os Bolechas seguen fieis á súa cita anual co FalaRedes. Xa os temos aquí cunha nova aventura que chegará a 21 entidades da Rede de Dinamización Lingüística: Boimorto, Carnota, Laxe, Muxía, Rois, GDR Ulla-Tambre-Mandeo, Arbo, Barro, Forcarei, Oia, Mondariz, Bóveda, Carballedo, Cospeito, O Incio, Guntín, Liceo de Ourense, Avión, GDR Momnteval, Castro Caldelas e mais GDR Montes e Vales Orientais.

Os Bolechas fan o Camiño Marciano é un espectáculo teatral participativo para nenos e nenas de 4 a 9 anos e as súas familias. Nel, o xogo e a diversión combínanse coa aprendizaxe da man dos coñecidos personaxes de Pepe Carreiro. Loli, Chispa, Tatá, Braulio, Sonia, Pili e Carlos queren facer de novo o Camiño de Santiago, pero xa percorreron todas as rutas xacobeas. Deben repetir algunha? Ou poden, quizais, crear unha nova?

       Axenda de FalaRedes 2021. Os Bolechas fan o Camiño Marciano
Data e hora  Lugar  Concello  Provincia
Venres 22 de outubro, 20:00 horas

Salón de Actos Culturais

Laxe  A Coruña

Sábado 23 de outubro, 12:00 horas

Salón Multifuncional Avión Ourense
Sábado 23 de outubro, 18:00 horas  Auditorio Municipal Arbo  Pontevedra
Domingo 24 de outubro,11:00 horas Auditorio do Edificio Multiúsos Rois  A Coruña
Domingo 24 de outubro,18:00 horas Salón de Actos do Voluntariado Muxía  A Coruña
Sábado 30 de outubro,17:00 horas Antigo Parador Monterrei  Ourense
Domingo 31 de outubro,12:30 horas Escola Vella de Lousada Guntín  Lugo
Domingo 31 de outubro,18:00 horas Salón de Actos do Concello Carballedo   Lugo
Venres 5 de novembro, 15:45 horas Casa da Cultura O Pino   A Coruña
Sábado 6 de novembro, 17:30 horas   O Incio   Lugo
Domingo 7 de novembro, 18:00 horas Auditorio de Soutelo de Montes Forcarei   Pontevedra
Sábado 13 de novembro,17:00 horas Salón Nobre do Castelo Castro Caldelas   Ourense
Domingo 14 de novembro, 18:00 horas Centro Cultural de Mougás Oia   Pontevedra
Sábado 20 novembro, 17:00 horas Salón de Actos da Casa do Concello Carnota   A Coruña
Domingo 21 de novembro, 12:30 horas Nave da Música Barro   Pontevedra
Domingo 21 de novembro, 17:30 horas Casa da Cultura Boimorto   A Coruña
Venres 26 de novembro, 18:00 horas  Salón de Actos dos Chaos A Fonsagrada   Lugo
Sábado 27 de novembro, 12:00 horas Casa da Cultura Feira do Monte Cospeito   Lugo
Sábado 27 de novembro, 17:00 horas Centro Sociocultural Bóveda   Lugo
Domingo 28 de novembro, 12:00 horas Salón Nobre do Liceo de Ourense Ourense   Ourense
Domingo 28 de novembro, 18:00 horas Auditorio Municipal Mondariz   Pontevedra

 

Documentos relacionados

  • Os Bolechas fan o Camiño Marciano PDF