FALAREDES 2022

Petiscos de lingua

“Petiscos de lingua” é un espectáculo que ten como finalidade dar a coñecer e fomentar a práctica de ditos e recitados da literatura popular infantil de Galicia no ámbito familiar e da veciñanza para contribuír á transmisión interxeracional da lingua.

Mediante xogos verbais de participación, cancións, contos, monicreques e outros recursos, ofrécese dun xeito divertido unha escolma de ditos tradicionais como os recollidos na serie de vídeos realizada por Migallas Teatro baixo o nome de “Brincadeiras da lingua”.

       Axenda de FalaRedes 2022. Petiscos de lingua
Data e hora  Lugar  Concello  Provincia
27 de setembro, ás 18:00 h Praza da Biblioteca Lalín Pontevedra
2 de outubro, ás 17:30 h Praza do Concello O Porriño Pontevedra
8 de outubro, ás 11:30 h Centro social da Veiga A Bola Ourense
16 de outubro, ás 19:00 h, Centro Social de Dena ( Meaño Pontevedra
21 de outubro, ás 19:00 h Biblioteca Pública Municipal A Rúa Ourense
22 de outubro, ás 18:00 h Museo do Mar de Galicia Vigo Pontevedra
4 de novembro, ás 19:00 h Casa da Cultura Pontedeume A Coruña
11 de novembro, ás 18:00 h Sala de usos múltiples do Auditorio Municipal Ponteareas Pontevedra
12 de novembro, ás 18:30 h Salón de actos da Casa da Cultura Foz Lugo
27 de novembro, ás 17:30 h Espazo Infantil do Culturgal Pontevedra Pontevedra
3 de decembro, ás 12:00 h Salón de actos da Casa do Concello Fisterra A Coruña
4 decembro, ás 12:00 h Casa da Cultura de Camporrapado Boqueixón A Coruña

Documentos relacionados