FALAREDES 2022

Cubo

Espectáculo teatral de fantasía, humor e poesía dirixida a público infantil e familiar que evoca a amizade, as separacións, a necesidade de coñecemento e a aventura de medrar desde a igualdade, rompendo os arquetipos de xénero.

Nun misterioso CUBO, dúas persoas moi diferentes son quen de vivir en harmonía. Ela é curiosa e decidida, el é tenro e vulnerable. Xogan, divírtense e rin, pero un día ela decide ir máis aló, quere viaxar en busca de novas preguntas e descubrir o mundo enteiro. El está contento coas súas respostas, séntese cómodo, seguro, e non quere máis que balancearse eternamente no bambán do seu CUBO. Sempre conseguiron poñerse de acordo pero esta vez semella moi complicado. Que solución atoparán?

Axenda de FalaRedes 2022. "Cubo", de Elefante Elegante
Data e hora  Lugar  Concello  Provincia
30  de outubro, ás 18:00 h Centro Sociocultural Mingos de Pita Melide A Coruña
13 de novembro, ás 18:00 h Auditorio Baldomero Cores - Casa da Cultura Cee A Coruña
18 de novembro, ás 18:00 h Centro Sociocultural Negreira A Coruña
27 de novembro, ás 12:00 h Praza da Cultura do Culturgal Pontevedra Pontevedra

Documentos relacionados