FALAREDES 2022

O lobo e a lúa

A compañía de teatro infantil Baobab chega este ano ao programa de dinamización lingüística FalaRedes cun espectáculo para os máis pequenos da casa que foi galardoado co Premio Barriga Verde de textos teatrais en galego. É unha peza tenra, divertida e chea de intriga que trata sobre a aceptación das diferenzas a través dunha historia de amizade, de superación dos propios medos e de amor. Ademais, introduce os espectadores de idades temperás nos contos tradicionais, nas cantigas, e na tradición oral.

Axenda de FalaRedes 2022.  O lobo e a lúa
Data e hora Lugar  Concello  Provincia
12 de novembro, ás 17:30 h Salón de actos do centro Sociocultural Monterroso Lugo
13 de novembro, ás 18:00 h Edificio Multiúsos  Moraña Pontevedra
25 de novembro (pendente hora) Pazo de Cultura (Culturgal) Pontevedra Pontevedra
9 de decembro, ás 20:00 h Centro Social Pontecesures Pontevedra
10 de decembro, ás 18:30 h Sala de CulturaMondariz-Balneario Pontevedra

Documentos relacionados