FALAREDES 2022

Xogar, aprender, medrar

Xornadas de xogos de mesa en galego para promover o xogo en familia e a normalización da lingua.

Empréganse nelas os xogos artesanais da empresa Brazolinda, en galego e deseñados para que poidan xogar xuntos grandes e pequenos. Estes xogos teñen unha grande aceptación entre as familias e tamén se empregan como material didáctico nas aulas, pois a través das matemáticas, da expresión oral, da mitoloxía galega, do Camiño de Santiago, das adiviñas... favorecen a socialización ao tempo que fomentan, non só a aprendizaxe de contidos, senón tamén a introdución do galego en calquera ámbito ou temática educativa.

       Axenda de FalaRedes 2022. 
Data e hora  Lugar  Concello  Provincia
16 de outubro, ás 11:00 h Feira do Libro Lalín Pontevedra
23 de outubro, ás 12:00 h Recreo Cultural A Estrada Pontevedra
24 de outubro, ás 17:30 h Casa da Cultura A Baña A Coruña
5 de novembro pendente Outes A Coruña
12 de novembro, ás 12:00 h Biblioteca Municipal A. Castelao Betanzos  A Coruña
19 de novembro, ás 11:00 h Antiga Biblioteca (Castro de Ribeiras de Lea) Castro de Rei  Lugo
20 de novembro, ás 17:00 h Aula de Formación Xove Lugo

25 de novembro, ás 17:00 h

26 de novembro, ás 16:00 h

Culturgal Pontevedra Pontevedra
30 de novembro, ás 18:00 h Casa da Cultura Monforte de Lemos Lugo
7 de decembro, ás 17:00 h Casa da Cultura Corcubión A Coruña
10 de decembro, ás 11:00 h Casa da Cultura Burela Lugo

 

Documentos relacionados